Categorías: ActualidadeActualidade do partido

Gonzalo Caballero insta a Feijóo a aproveitar a súa visita a Ourense para reunirse cos afectados polos “efectos perversos” dos seus recortes na sanidade pública

GONZALO CABALLERO INSTA A FEIJÓO A APROVEITAR A SÚA VISITA A OURENSE PARA REUNIRSE COS AFECTADOS POLOS “EFECTOS PERVERSOS” DOS SEUS RECORTES NA SANIDADE PÚBLICA

O secretario xeral do PSdeG lamenta que a dereita “bote atrás” todo o avanzado na sanidade durante a etapa de goberno dos socialistas e demándalle que atenda o “clamor” da cidadanía

Ourense, 18 de xaneiro de 2018. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, reuniuse hoxe cos membros da xunta de persoal do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense que permanecen pechados dende hai seis días para protestar contra a política sanitaria da Xunta. É por iso que o líder dos socialistas galegos pediu a Feijóo que “atenda o clamor” manifestado pola cidadanía, dado que os recortes que está levando adiante causan “efectos perversos” nos galegos.

Fronte aos “avances” que se teñen experimentado durante a etapa de goberno dos socialistas, Gonzalo Caballero censurou que agora Feijóo estea “botando atrás” todas esas melloras e ese “progreso”. A modo de exemplo, recordou que actualmente o servizo de hemodinámica do CHUO só funciona unhas poucas horas ao día.

Despois de reclamar unha sanidade pública “de calidade e de proximidade”, criticou que o presidente da Xunta non aproveite a súa visita de hoxe ao Mosteiro de Oseira, na provincia ourensana, para “reunirse inmediatamente” co persoal deste hospital. “Hoxe ten unha oportunidade magnífica para rectificar as súas políticas”, selou, antes de requerirlle que non dea as costas aos afectados polas súas medidas.

Pola súa banda, a presidenta da xunta de personal do CHUO, Asunción Maus, agradeceu o apoio do líder dos socialistas galegos, quen sumou a súa sinatura ás máis de 13.000 que xa teñen recabado para frear a desaparición de camas e de servizos.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13