Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero insta a Feijóo a reunirse cos líderes da oposición para acordar as prioridades dos fondos europeos: “Galicia non pode perder esta oportunidade”

O secretario xeral do PSdeG censura a “incapacidade” da Xunta por non executar 4 de cada 10 euros de fondos europeos e demanda unha xestión “eficiente, capaz e solidaria” dos Next Generation

O eurodeputado Nicolás González Casares defende o papel de Europa nesta crise e incorpórase á ponencia marco do PSdeG no ámbito de “Galicia en Europa e no mundo”

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, mantivo hoxe unha xuntanza co eurodeputado socialista Nicolás González Casares para amosar o compromiso europeísta do socialismo galego e abordar a xestión dos fondos europeos ante o reto da modernización de Galicia.

Neste marco, o máximo dirixente do PSdeG pediu a Feijóo “que se reúna” cos líderes dos grupos parlamentarios para abordar as prioridades e xestión dos fondos Next Generation. Así, chamou a levar a cabo un “gran acordo de país” que permita unha “utilización eficiente, capaz e solidaria para que os fondos europeos sexan a enerxía renovable que impulse a modernización e o futuro do noso país”.

“O goberno da Xunta foi incapaz de conseguir acordos e establecer as prioridades da utilización dos fondos europeos”, censurou Gonzalo Caballero despois de lembrar que, ao principio, Feijóo “dixo que tiña 7 proxectos importantes, que logo eran 106 e despois 354”, o que pon de manifesto unha “política desnortada, sen rumbo, sen estratexia”.

Así, Gonzalo Caballero censurou unha política de “brazos caídos”, baseada na “inercia” e na “inacción”, con falla de ambición e “sen medidas nin estratexia” para facer fronte aos retos do futuro.

“En Galicia temos que facer ben os deberes”, reivindicou o máximo dirixente das e dos socialistas galegos, logo de incidir en que “Europa está mobilizando unha inxente cantidade de fondos públicos que as administracións poden dedicar á modernización, cohesión e aos retos da dobre transición ecolóxica e dixital”. “Galicia non pode perder a oportunidade dun aproveitamento solidario e eficiente dos fondos europeos”, subliñou.

Fronte a isto, o responsable socialista lembrou que o último informe do Consello de Contas da Xunta sinalou que, nos últimos anos, “houbo unha baixa execución dos fondos europeos”, xa que a Xunta “non executou 4 de cada 10 euros” que chegaron de Europa, o cal cualificou como “un balance negativo”.

O EIXE EUROPEÍSTA DA PONENCIA MARCO DO PSdeG

Neste marco, o líder do PSdeG reivindicou o “galeguismo europeísta” do PSdeG. “Os socialistas galegos temos unha clara vocación europeísta”, destacou Gonzalo Caballero ao sinalar que galeguismo e europeísmo son “dúas caras do PSdeG” ao entender “a defensa dos intereses de Galicia cunha vocación cosmopolita” e “recollendo de Europa as mellores tradicións, ideas e compromisos coa xustiza social e coa solidariedade”.

Ao fío disto, o dirixente socialista comunicou que o eurodeputado Nicolás González Casares será ponente do eixe europeísta da ponencia marco do próximo Congreso do PSdeG para “traballar sobre o papel de Galicia en Europa e tamén no mundo”.

“Queremos unha Galicia enmarcada no proxecto europeo”, reivindicou Gonzalo Caballero, “no que as persoas e a cidadanía estean á fronte dos intereses de todas as políticas públicas dende Bruxelas a Santiago pasando por Madrid, dende todos os niveis de goberno”.

NICOLÁS G. CASARES: “GALICIA DEBE CONFIAR EN EUROPA”

Pola súa banda, o eurodeputado socialista Nicolás González Casares amosou o seu agradecemento ao secretario xeral logo de que este lle encargase o eixe da ponencia do partido “para conectar Galicia con Europa”.

“Europa acaba de demostrar que é un escudo protector da cidadanía” nun tempo no que “hai que reducir desigualdades”, destacou o responsable socialista quen chamou a crear unha Galicia “conectada con Europa” e máis cando “a Xunta non se está enganchando ás novas transicións ecolóxicas e dixitais”. “Galicia debe confiar en Europa porque Europa confía en Galicia”, sentenciou.

Por último, lamentou que a estratexia de Feijóo estea baseada na “confrontación, non só co goberno de España, senón incluso con Europa” logo de lembrar as críticas á estratexia de vacinación por parte do goberno galego.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13