Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero insta a Feijóo a non “facer caixa” reclamando a devolución da Risga: “Cómpren máis fondos e persoal en servizos sociais”

O secretario xeral denuncia a demora “de máis dun ano” das valoracións dos graos de dependencia cando “por lei” non pode superar os 6 meses: “é unha vergoña”

O líder socialista require “máis protección” para as persoas con alzhéimer que precisan “unha mellora no modelo asistencial” e unidades específicas de demencia nas áreas sanitarias

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, mantivo hoxe unha xuntanza co presidente de Afaga, a asociación de familiares se persoas con alzhéimer, Juan Carlos Rodríguez, para tratar as necesidades deste colectivo e as eivas da Xunta neste eido.

Dende alí, o máximo dirixente do PSdeG amosou a súa “sorpresa” ante a “falla de sensibilidade social dun goberno galego cuxa prioridade é facer caixa” ao pedir ás persoas que devolvan a Risga cando cobran o Ingreso Mínimo Vital “en vez de buscar fórmulas para que os fondos dedicados á Risga poidan complementar as necesidades sociais das familias nunha situación máis feble”.

“É a lexislación da Xunta a que impide que as persoas que reciben o IMV poidan recibir tamén fondos da Risga”, sinalou Gonzalo Caballero logo de requirir ao goberno galego que invista en políticas sociais “todo o que obteña de devolucións da Risga”.

Nesta liña, o líder do PSdeG incidiu en que a Xunta “pode e ten que facer moito máis”, porque a situación dos servizos sociais de Galicia “é moito peor que a do conxunto de España”. “Non nos podemos conformar con anuncios continuos do goberno galego cando coñecemos a tantas familias con dificultades”, sentenciou.

“Temos que esixirlle a Feijóo que rectifique a súa falla de compromiso coas políticas sociais, que son dereitos”, reivindicou o dirixente socialista, quen urxiu a Xunta a que cumpra coas súas competencias dende a administración autonómica.

“Feijóo nin está nin se lle espera en políticas sociais”, evidenciou o responsable do PSdeG, quen subliñou que a Xunta ten “un problema de compromiso e de decisión” que levou a un “debilitamento dos servizos sociais”. Por iso, instou ao goberno galego a que “rectifique” esta situación e “faga unha aposta decidida por un escudo protector que protexa aos máis débiles e vulnerables na saída desta crise”.

Ao fío disto, Gonzalo Caballero censurou o “menor compromiso orzamentario” da Xunta cos servizos sociais con respecto a outras comunidades, “o que é especialmente grave nunha comunidade onde a sociedade está moi envellecida”. Exemplificou isto no feito de que Galicia ten un traballador de servizos sociais por cada 2.500 persoas, cando a media de España está nun por cada 1.875 persoas; e que tamén o gasto é menor en Galicia: só 367 euros por persoa ao ano fronte aos 406 da media estatal.

A DEMORA NAS VALORACIÓNS DE DEPENDENCIA: “É UNHA VERGOÑA”

Ademais, o máximo responsable das e dos socialistas galegos criticou a demora nas valoracións dos graos de dependencia. “É unha vergoña que, cando a lei marca que hai seis meses para facer as valoracións dos graos de dependencia, en Galicia as persoas nesta situación estean esperando máis dun ano”, censurou.

Ao fío disto, Gonzalo Caballero recriminou a Feijóo os seus anuncios de que “van eliminar burocracia e papeleo” cando “a resposta á debilidade das políticas sociais ten que pasar por máis fondos e máis persoal”.

RESPALDO A AFAGA

En paralelo, no que atinxe a visita a Afaga, o dirixente socialista manifestou “con moita claridade” que “é necesario desenvolver as políticas sociais para dar máis protección ás persoas que teñen alzhéimer e para facelo nunha sociedade xusta e digna, na que todos temos dereitos con independencia das circunstancias nas que esteamos na nosa vida”.

Así é que reclamou ao goberno galego que provea de centros de atención ás persoas con alzhéimer nos concellos pequenos e que mellore o modelo residencial “con unidades específicas e unha área sociosanitaria máis fortalecida” para dar resposta aos problemas das persoas con alzhéimer, ademais de “traballar para que nas áreas sanitarias se poidan desenvolver unidades de atención a persoas con demencia”.

“É un compromiso que as consellerías de Sanidade e Política Social teñen que cumprir”, sentenciou, xa que “sabemos que os servizos sociais son fundamentais para ter unha sociedade digna”.

Finalmente, Gonzalo Caballero amosou o seu recoñecemento ao traballo desenvolvido por AFAGA, xa que “é un exemplo de como hai que facer traballo colectivo para dar resposta aos retos do país”.

PROBLEMÁTICA DAS PERSOAS E FAMILIAS

Pola súa banda, o presidente de AFAGA, Juan Carlos Rodríguez, agradeceu ao secretario xeral a súa visita. “É unha ledicia que veñan a coñecer os programas de intervención e que isto sirva para visibilizar a problemática das persoas con demencia e das súas familias”, destacou, ao tempo que valorou que o PSdeG “coñece, se implica e traballa nestas demandas”.

“Vivimos nunha situación complicada coa covid na que necesitamos máis respostas”, reivindicou Rodríguez logo de pedir que se traballe “nos modelos de intervención de proximidade”, como as unidades terapéuticas ou os centros de día, “para evitar a institucionalización acelerada que non é desexada polas familias”, e que ademais “é unha sangría económica”.

Nesta liña, pediu unha “revisión do modelo” que “evolucione en residencias máis pequenas e unidades convivencias máis próximas aos domicilios das familias” para evitar “un problema de desgarro familiar” ao acabar en residencias lonxe da súa contorna.

Por último, Rodríguez instou ao goberno galego a “poñer en marcha, dunha vez por todas” unha unidade de demencia que atenda de xeito integral aos pacientes da área sanitaria de Vigo. Este compromiso contou co respaldo do secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, acompañado nesta visita polas deputadas Marina Ortega e Paloma Castro e da concelleira de Política Social de Vigo, Yolanda Aguiar, a quen Caballero recoñeceu o traballo do concello olívico en materia de políticas sociais.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04