Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero inicia en Vigo os contactos cos alcaldes: “Feijóo foi inimigo das cidades, e o meu compromiso é que todas teñan na Xunta un aliado”

O candidato do PSdeG-PSOE á Presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, iniciou hoxe en Vigo, a súa cidade, a rolda de contactos cos alcaldes das cidades galegas. En compañía de Abel Caballero, sinalou que Feijóo foi “un inimigo” das cidades e comprometeuse a que todas elas teñan no próximo goberno progresista na Xunta “un aliado”.

“Teño un compromiso coa Galicia urbana, coas cidades de Galicia, para que cada unha teña no próximo goberno da Xunta de Galicia un aliado”, recalcou o candidato socialista, quen afirmou que “non hai compromiso con Galicia se non hai compromiso coas cidades galegas”.

Despois de atribuír o feito de que Feijóo “foi un inimigo político das cidades galegas” a que nelas existen “maiorías progresistas“, Gonzalo Caballero defendeu que “é necesaria unha nova política de vertebración territorial en Galicia”.

“Hai que impulsar á Galicia urbana, conectar a Galicia máis dinámica, máis áxil, máis nova, a Galicia máis innovadora e máis emprendedora cun novo tempo político á fronte da Xunta de Galicia”, incidiu o secretario xeral do PSdeG, sen esquecerse da importancia de revitalizar o medio rural.

Así o dixo aos xornalistas tras manter unha xuntanza con Abel Caballero; a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o delegado da Zona Franca, David Regades. E engadiu: “Quixen empezar en Vigo a rolda de contactos porque Vigo representa un bo exemplo de como os socialistas sabemos gobernar”.

“ABANDONO DE VIGO”

Ao fío disto, o candidato socialista á Xunta destacou “a capacidade de xestión e o compromiso coa cidadanía” do equipo que capitanea Abel Caballero e concluíu que “por iso Vigo resultados tan claros e contundentes, de maioría aplastante”.

Neste punto, Gonzalo Caballero sinalou que “Feijóo esqueceuse da importancia das cidades, e iso sabémolo ben en Vigo”. “Fronte ao compromiso do alcalde en defensa intereses de cidade, Feijóo deixou no caixón todos os proxectos importantes para a cidade. O que estaba en curso o aparcou ou puxo impedimentos para que non saíra a toda velocidade“, apostilou.

“Hai recortes en sanidade, recortes en educación pública, falla de compromiso coas infraestruturas, falla de compromiso co Casco Vello, coas parroquias… Un balance negativo para as viguesas e os vigueses, que saben que con Feijóo á fronte da Xunta, Vigo quedou relegada nun caixón”, sentenciou Gonzalo Caballero, quen criticou que Feijóo elixira Vigo para presentar a súa candidatura tras “once anos de abandono”.

“Presentou o seu proxecto xustamente a carón de Barreras, onde ten mellor mostra do seu desastre de política industrial e das súas relacións cunha petroleira mexicana que non trouxo os buques que tiña comprometidos para Galicia, e que derivou nunha crise que foi rebaixada por parte do goberno de España”, recalcou o líder socialista, quen chamou a traballar “polo Vigo que queremos e pola Galicia que queremos”.

“GALICIA VAI A PEOR”

Nese sentido, Gonzalo Caballero fixo fincapé en que “o cambio político é imprescindible, porque “Feijóo di que Galicia é moito, pero Galicia vai a peor en todos os parámetros importantes dende que goberna Feijóo”.

“Hai 50.000 empregados menos mentres en España hai 650.000 empregados máis”, exemplificou, sen esquecer que hoxe hai “menos poboación, recortes nos servizos, unha crise sanitaria sen precedentes, falla de política de vertebración territorial…”. “Feijóo deixa unha Galicia en peores circunstancias“, remarcou.

“E non nos podemos resignar a que Feijóo siga esgotando o país”, subliñou o candidato do PSdeG á Xunta, para destacar que “se hai unha mobilización masiva o 5 de abril, o cambio político é imparable en Galicia”. “Por iso Feijóo quere pasar de puntillas por esta campaña electoral, para non dar contas de desfeita que deixa no país“, finalizou, tras sinalar que onte mesmo saían ás rúas tamén en Cedeira centos de persoas para reprobar a xestión sanitaria de Feijóo.

“DESCARO DE FEIJÓO”

Pola súa banda, o alcalde de Vigo agradeceu a visita do “próximo presidente da Xunta” para falar dos asuntos relevantes para a súa cidade. De feito, explicou que trasladou a Gonzalo Caballero un documento que xa enviou, sen éxito, a Feijóo, coas “demandas históricas” da urbe.

“Nos once anos de Feijóo, a Xunta deixou de investir case 2.000 millóns de euros en Vigo”, denunciou Abel Caballero, crítico co “abandono” que Feijóo inflixiu á súa cidade. “As últimas humanizacións competencia da Xunta en Vigo fíxoas Touriño”, evidenciou.

Precisamente por iso, o rexedor criticou que Feijóo teña “o descaro político” de iniciar a campaña en Vigo, tras “condenar ao ostracismo” á cidade.

“Teño a confianza de que o seguinte presidente da Xunta vai ser Gonzalo Caballero, por iso lle transmitimos todo ao que Vigo ten dereito”, explicou o tamén presidente da FEMP antes de concluír: “Chegou o momento do cambio en Galicia”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13