Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero: “Galicia non quere os pactos coa ultradereita aos que o PP lle está abrir as portas”

O secretario xeral do PSdeG advirte que os votos ao PP e Cs só servirán para que sexa a ultradereita de Vox a que decida quen e como se goberna España

Camariñas/Cee, 17 de abril de 2019. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, esixiu este xoves a Feijóo que “faga rectificar a Casado na súa disposición a pactar coa ultradereita”.

Caballero, que visitou esta tarde a XXIX Mostra do Encaixe de Camariñas en compañía da alcaldesa, Sandra Ínsua, antes de participar nun mitin en Cee, xustificou esta demanda ao presidente do PPdeG no feito de que “as galegas e os galegos non queremos ningún acordo coa ultradereita á que o PP lle esta a abrir as portas”.

Neste senso, o líder dos socialistas galegos instou a Feijóo a “tomar nota, porque sabe que en Galicia as contas xa non lle dan”, en referencia ás enquisas que apuntan a un voto maioritario ao PSOE, “porque as galegas e os galegos saben que lle vai mellor a Galicia cando goberna o Partido Socialista”.

Ademais, o máximo dirixente do PSdeG sinalou que o PP “non ten un rumbo claro”, dadas as contradicións nas que incorre en cuestións de tanta relevancia como “a recentralización ou as transferencias, que non coinciden en nada co que nos interesa ás galegas e aos galegos”.

Por todos estes motivos, concluíu o candidato á Xunta dos socialistas galegos, “as galegas e os galegos dirémoslle non ao PP e a Casado nas vindeiras eleccións xerais do 28 de abril”.

“A CASA DA CONFUSIÓN”

A maiores, Gonzalo Caballero fixo fincapé en que “o PP está convertido na casa da confusión”, pois “un día un di unha cousa e outro di outra; de repente o exemplo da moderación era Suárez Illana e logo sae falando do aborto e dos neandertais; outro día a candidata por Barcelona sae dicindo calquera cousa disparatada; o que di Feijóo non coincide co que di Casado, o que di Rajoy non coincide co que di Aznar…”.

“Ao final, o peor de todo é que os votos que vaian para o PP e para Ciudadanos só van servir para que decida Vox quen e como se vai gobernar en España”, advertiu o secretario xeral do PSdeG.

CAMPAÑA “INTENSA”

Finalmente, Gonzalo Caballero avanzou unha recta final de campaña que será “intensa” e que suporá combinar actos multitudinarios con outros de proximidade.

Así, anunciou a visita a semana próxima do ministro de Fomento, José Luis Ábalos; a titular de Defensa, Margarita Robles; a presidenta do PSOE, Cristina Narbona; e o portavoz socialista no Senado, Ander Gil.

“Imos ter unha campaña moi activa, coa miña presenza nas catro provincias para seguir a pé de país convencendo ás galegas e aos galegos”, finalizou.

“INVOLUCIÓN”

No mitin de Cee tamén tomou a palabra a candidata socialista á alcaldía, Margarita Lamela, quen aproveitou para presentar ao equipo que a acompañará o vindeiro 26 de maio e para poñer de relevo os principais problemas do municipio.

A continuación, a cabeza de lista ao Congreso pola Coruña, Pilar Cancela, quen chamou a “non fiarse” das enquisas que anticipan o auxe do PSOE, posto que os estudos demográficos xa fallaron noutras ocasións e o importante é acudir ás urnas o 28 de abril.

Tamén chamou á mobilización o secretario provincial do PSOE e presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, porque “está en xogo a involución a cen anos atrás”.

“Temos que demostrar que España é un país solvente, que non se deixa levar polas modas populistas”, recalcou, consciente de que “estamos sendo observados” polos países do noso entorno. “A esperanza de parar os movementos ultra está outra vez en mans do PSOE”, remachou.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04