Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero: “Feijóo quere converter a súa acción de goberno nunha tómbola electoral na que reparte boletos que os galegos xa saben que non tocan”

O secretario xeral advirte de que “as promesas de falsidades” non atallarán en 12 meses “o suspenso palmario” en demografía ou sanidade pública de 10 anos de Feijóo

Santiago, 11 de xullo de 2019. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, reprobou hoxe “os anuncios electorais” que vén facendo Feijóo dende que as urnas amosaron que en Galicia “hai un novo escenario político” e que o PPdeG xa non ten un apoio maioritario.

“Agora quere converter a súa acción de goberno nunha tómbola electoral na que reparte boletos que os galegos xa saben que non tocan”, subliñou o líder do PSdeG, consciente de que “a campaña de marketing” de Feijóo “contrasta coas súas políticas e coa realidade do país”

“En demografía ou na sanidade pública tivo un suspenso palmario, e o que non arranxou en 10 anos non o vai atallar con promesas de falsidades en 12 meses”, recalcou Gonzalo Caballero en alusión ao tempo que resta para esgotar a lexislatura.

No que atinxe á sanidade pública, o máximo dirixente dos socialistas galegos sinalou que “a credibilidade” de Feijóo na materia é “cero” cando agora sae anunciando a extensión da hospitalización domiciliaria.

“Non foi capaz de poñer persoal suficiente nos PAC, nos hospitais, nos centros de saúde…”, evidenciou, consciente dos problemas relacionados coa falta de pediatras, médicos de familia, persoal de enfermería… Así é que concluíu que Feijóo só busca “unha fuxida cara adiante” con proxectos que “non vai desenvolver” e que son unicamente “fume” para tapar “os seus erros e incapacidades”.

En paralelo, sobre o devalo demográfico, Gonzalo Caballero lamentou outro “suspenso evidente” de Feijóo, quen agora anuncia “unha medida ao mes” no canto de deseñar unha estratexia a medio e longo prazo. Sobre todo, como sinalou, cando estudos como o do Consello da Xuventude de España sinalan que Galicia é a terceira comunidade con menor taxa de emancipación dos mozos entre 25 e 29 anos.

“RESPONSABILIDADE COLECTIVA”

Por outra parte, ao fío da sesión de investidura que terá lugar a finais deste mes, Gonzalo Caballero fixo un chamamento á “responsabilidade colectiva” das distintas forzas políticas para evitar que se repitan as eleccións.

Sobre todo, como dixo, porque “a maioría” da cidadanía deu o seu apoio a Pedro Sánchez o pasado mes de abril “con claridade meridiana”, posto que o PSOE ten case o dobre de escanos que a segunda forza. Polo tanto, recalcou, “non hai ningún outro” candidato “acorde ao mandato” das urnas.

Dito isto, o secretario xeral do PSdeG considerou “un erro” a estratexia das dereitas de tentar bloquear a investidura e chamou ás forzas de esquerda a ser conscientes da “importancia” de constituír xa o goberno para seguir traballando “polo progreso” do país.

“Este goberno está comprometido e ten palabra”, proseguiu Gonzalo Caballero, quen puxo en valor o traballo levado a cabo para “buscar mecanismos xurídicos” que permitan poñer ante a Xustiza a posibilidade de que o Pazo de Meirás poida formar parte do patrimonio público. “É un goberno serio e que está traballando con respecto á lei”, concluíu.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18