Categorías: ActualidadeActualidade do partidoCENG

Gonzalo Caballero destaca a súa “coincidencia” co presidente estremeño en que o novo modelo de financiamento autonómico debe deseñarse “pensando nas persoas e non nos territorios”

O secretario xeral do PSdeG anuncia a constitución de doce grupos de traballo para “construir un proxecto de cambio para Galicia” e a designación do Defensor da Militancia, unha figura que sitúa aos socialistas galegos “na vangarda da profundización democrática” dos partidos políticos

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2018. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, informou hoxe á Comisión Executiva do PSdeG sobre a reunión de traballo mantida onte, luns, en Mérida co presidente de Estremadura e presidente do Consello de Política Federal do PSOE, Guillermo Fernández Vara.

Ese encontro serviu, como explicou tamén ante os xornalistas, para reflexionar sobre a necesidade de “impulsar a opción de progreso que representa o PSOE fronte aos gobernos conservadores”, para abordar a posible reforma da Constitución e o novo modelo de financiamento autonómico e para “intensificar o compromiso” coas políticas sociais que os socialistas poñen en marcha nas administracións que gobernan.

No que atinxe ao financiamento das comunidades, Gonzalo Caballero explicou que comparte con Vara que hai que “profundizar nun modelo que garanta que todos os cidadáns reciban os servizos públicos co mesmo nivel de calidade” en todo o Estado e na importancia de ponderar factores como a dispersión e o avellentamento no custe da prestación dos servizos.

“Temos que traballar para que o novo modelo de financiamento sexa coherente coas formulacións da esquerda e do PSOE, vinculadas a garantir a igualdade de dereitos e a solidariedade de todos os cidadáns”, subliñou o líder dos socialistas galegos, para quen o reparto dos fondos públicos debe deseñarse “pensando nas persoas e non nos territorios”.

GRUPOS DE TRABALLO

En paralelo, na reunión da executiva do PSdeG acordouse poñer a funcionar doce grupos de traballo para “elaborar propostas de xeito cooperativo” e “construír un proxecto de cambio para Galicia”.

Trátase, segundo explicou Gonzalo Caballero, de “poñer os cimentos” dun proxecto de país no que se seguirá traballando nos próximos tempos coas “mellores ideas”.

Os grupos abarcarán política social, medio rural, igualdade, demografía, medio ambiente, educación, participación cidadá e diversidade, sanidade, sociedade da información, innovación turística, infraestruturas e mobilidade e emprendedores, economía social e traballadores autónomos.

DEFENSOR DO MILITANTE

Por outra banda, a dirección do PSdeG decidiu, conforme aos estatutos do partido, acordouse nomear a José Loira como Defensor da Militancia. Con esta designación, os socialistas galegos sitúanse “na vangarda da profundización democrática” das organización políticas.

Nunha etapa na que o PSdeG “quere dar un gran protagonismo á militancia”, esta figura actuará “como punto de conexión entre os dereitos da militancia e a Comisión Executiva Nacional Galega, que está ao servizo e en contacto continuo coa militancia”.

José Loira, a quen corresponderá “intensificar o protagonismo da militancia”, é afiliado do PSOE dende a década dos 70. Ao longo da súa traxectoria de “militante comprometido e moi activo”, tivo responsabilidades no partido, na UXT e foi secretario xeral do Ministerio de Agricultura e Pesca.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13