Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero destaca que o goberno de España é unha garantía para a recuperación dos bens espoliados no franquismo

O secretario xeral reúnese co secretario de Estado de Memoria Histórica para seguir  cuestións relevantes en Galicia como o Pazo de Meirás ou a Casa Cornide, e sinala que o goberno “traballa con intensidade”

Madrid, 24 de xaneiro de 2020. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, mantivo unha xuntanza de traballo co secretario de Estado de Memoria Histórica, Fernando Martínez, trala que ambos destacaron o compromiso do goberno de España coa recuperación dos bens espoliados durante a ditadura franquista.

Despois de felicitar ao secretario de Estado pola exhumación dos restos do ditador do Val dos Caídos, destacou que o goberno está estudando como recuperar para a cidadanía distintos bens que, en Galicia, pasaron a mans da familia Franco durante a etapa da ditadura en condicións forzadas. É o caso, por exemplo, do Pazo de Meirás en Sada ou a Casa Cornide na Coruña.

Ao respecto, o alto cargo do goberno trasladou ao líder dos socialistas galegos o seu “compromiso” de utilizar todos os instrumentos legais para a recuperación para o público dese patrimonio e a “garantía” de que todo os traballos tendentes a este fin se seguirán levando a cabo “con rigor e con seguridade xurídica”.

Así, o goberno está comprometido en auditar os bens espoliados, e “traballa con intensidade” para acreditar coa documentación necesaria esas espoliacións e, con iso, ter base xurídica para conseguir a devolución cara ao patrimonio público.

“O GOBERNO CUMPRE”

Pola súa banda, o candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta destacou que “os socialistas somos referente na loita pola recuperación da memoria histórica”, como proba o traballo levado a cabo polo goberno presidido por Pedro Sánchez para sacar a Franco do Val dos Caídos.

E, cos traballos xudiciais en marcha para acadar tamén a recuperación do Pazo de Meirás, Gonzalo Caballero puxo en valor que este goberno “cumpre a palabra dada” en materia de dereitos e liberdades. Situou a casa Cornide como outro caso relevante no que traballar desde o goberno e todas as institucións públicas.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13