Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero destaca que “a derrota do PP nas xerais vai ser épica”, cunha “caída histórica” tamén en Galicia que avanza “un cambio de ciclo”

A vicepresidenta do Goberno advirte a Cs de que “le va a costar muy caro en las urnas” optar por Vox e non apoiar a un goberno que está “al servicio del país”

Lugo, 24 de febreiro de 2019. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, participou hoxe nun encontro coa cidadanía en Lugo coa presenza da vicepresidenta do goberno, Carmen Calvo, maila alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o secretario provincial do PSOE, Álvaro Santos. Dende alí, aludiu ás enquisas que se van publicando nos xornais para avanzar que “a derrota do PP nas eleccións xerais vai ser épica”.

Ademais, Gonzalo Caballero fixo fincapé en que tamén en Galicia a caída dos populares será “histórica”, o que vaticina “un cambio de ciclo político”. “A expectativa de voto ao PP en Galicia está por debaixo de calquera nivel en calquera das eleccións xerais dende o ano 82”, subliñou, para incidir no “retroceso” do partido de Feijóo e no “crecemento” do PSdeG.

De feito, o líder dos socialistas galegos relacionou este feito con que “a dereita estase quedando sen o espazo que viña ocupando” pola súa decisión de “abandonar ao electorado moderado e centrista” para “pactar coa ultradereita”.

Fronte a isto, Gonzalo Caballero expuxo que “o avance” que está protagonizando o goberno de Pedro Sánchez permitirá “encarar as eleccións con toda a forza” para seguir levando adiante unha axenda “progresista, de prioridade social e de avance das liberdades”. “Un goberno para a maioría”, apostilou.

É por iso que o máximo dirixente do PSdeG deu por feito que o próximo 28 de abril haberá “unha mobilización moi importante” da cidadanía para amosar que “non quere que a dereita e a ultradereita traian o retroceso”, senón que queren seguir mellorando “o futuro de España”.

“NADIE NOS VA A DEVOLVER A LA CASILLA DE SALIDA”

Pola súa banda, a vicepresidenta do Goberno, Carmen Calvo, puxo en valor “la tarea al servicio de España, y en tiempo record” posta en marcha polo goberno e que en Galicia supuxo inversións tan importantes como a construción de cinco fragatas en Ferrol por máis de 4.300 millóns de euros ou o proxecto de mellora das infraestruturas do corredor atlántico. “Sabemos gobernar con 200 escaños y con 84”, proclamou.

A continuación, Carmen Calvo advertiu a Ciudadanos de que a súa decisión de “poner un cordón sanitario” ao PSOE e apostar pola ultradereita “les va a costar muy caro en las urnas”. “Estamos en Europa, y Ciudadanos aún no se ha enterado”, subliñou.

E, á vista de que as políticas dos tres partidos da dereita e ultradereita pretenden retrotraer España a “hace 40 años”, deixou claro que “nadie nos va a devolver a la casilla de salida”.

“Ni siquiera la España de la Plaza de Colón”, engadiu a vicepresidenta, consciente do “esfuerzo” que supuxo “anclar en España el estado del bienestar, respetarnos en nuestra diversidad ideológica, construir una España autonómica…”.

“O GOBERNO DA DIGNIDADE”

Pola súa banda, o secretario provincial do PSOE en Lugo, Álvaro Santos, puxo en valor a “dignidade” do goberno que encabeza Pedro Sánchez, ao tempo que avanzou un éxito electoral que permitirá a continuidade da política social que está poñendo en marcha máis alá do 28 de abril.

Do mesmo xeito, Álvaro Santos pronosticou a vitoria de Lara Méndez nas vindeiras eleccións municipais para seguir sendo alcaldesa de Lugo.

Finalmente, a rexedora censurou o “ninguneo” e o “esquecemento” de Feijóo á cidade, mentres o seu candidato á alcaldía “aposta claramente por Vox”. Ambas cuestións, sinalou, “custaranlle votos” ao PP tanto nas xerais como nas municipais.

Por iso, avogou por traballar por un cambio de ciclo que, con Gonzalo Caballero á fronte, converta á Xunta “nunha aliada” dos intereses da cidade de Lugo.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18