Categorías: ActualidadeActualidade do partido

Gonzalo Caballero destaca “os avances” de Lugo cos gobernos socialistas fronte aos “incumprimentos” e ao “desprezo” do PP

O secretario xeral do PSdeG critica “a política de botafumeiro, de anuncios gratuítos” de Feijóo e o ministro de Fomento, que “non permite avances para que Lugo estea conectado”

Lugo, 9 de maio de 2018. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, achegouse hoxe ata Lugo, onde puido constatar “os avances” que os gobernos socialistas teñen impulsado na cidade. En contraposición, afeou a Feijóo e á dereita os seus “incumprimentos” coa capital da provincia e o seu “desprezo” aos veciños.

En compañía da alcaldesa, Lara Méndez, e do secretario provincial do PSOE en Lugo, Álvaro Santos, entre outros membros do partido, o líder dos socialistas galegos puxo en valor a xestión que se está levando a cabo.

Nese senso, Gonzalo Caballero enxalzou a aprobación dos orzamentos, o feito de que o concello teña superávit e, con iso, capacidade de inversión, e a recuperación de espazos. O dixo tras visitar o vello cárcere, un símbolo da recuperación dun edificio que significou “represión contra as liberdades” e que agora está “aberto á cidadanía”.

Así é que Lugo conta, concluíu o secretario xeral do PSdeG, cun goberno municipal socialista “forte, sólido, ben encarado e con proxecto”, “que non para, que avanza” e que ten “transformado de xeito substancial” a cidade de Lugo.

“Outras cidades de Galicia a ven con envexa”, afirmou Gonzalo Caballero, para recordar que o PP á fronte do concello de Ourense non foi quen de aprobar nin un só orzamento transcorridas tres cuartas partes da lexislatura ou que as novas forzas políticas non están demostrando “capacidade de xestión”.

“FEIJÓO NON CUMPRE CON LUGO”

Ademais, no caso concreto de Lugo, o líder dos socialistas galegos situouse fronte ao Cuartel de San Fernando para afear a Feijóo que “non cumpre” coa cidade ao “non dar solución” para o comprometido proxecto do Museo da Romanización.

A iso sumou o seu “desprezo” cara as infraestruturas lucenses, tanto as viarias, “nun estado de indefinición e cun indubidable deterioro”, como as ferroviarias, que seguen sendo “unha materia pendente”.

“Feijóo e o ministro de Fomento fan unha política de botafumeiro, unha política de anuncios gratuítos que non se concretan e que non permite avances para que Lugo estea conectado”, sentenciou Gonzalo Caballero.

“NULO COMPROMISO DA DEREITA”

Tamén o secretario provincial do PSOE de Lugo, Álvaro Santos, fixo fincapé no “nulo compromiso” do PP e a “súa marca branca”, Ciudadanos, coas infraestruturas lucenses.

“Esta é a dereita española”, sinalou, para lamentar que o PP está “negando o AVE” aos veciños da provincia de Lugo. “Necesitamos do PSOE para desenvolver a nosa provincia en igualdade de condicións, competitividade e viabilidade que o resto das provincias galegas e de España”, remarcou Santos Ramos.

É por iso que garantiu que os socialistas “seguiremos traballando polo futuro de Lugo”, pois “todo” o que sigue “pendente” nesta provincia “é responsabilidade do PP”.

“FEIJÓO NINGUNEA AOS LUCENSES”

Do mesmo xeito, a alcaldesa, Lara Méndez, acusou ao PP de Feijóo de “ningunear aos lucenses”, por consideralos “cidadáns de segundo ou de terceira”. Aludiu así tanto á súa negativa a investir no Cuartel de San Fernando, nas infraestruturas da provincia ou na súa sanidade.

Ao respecto, deixou claro que “os lucenses non queremos máis anuncios electorais que non se cumpren, como nos ten acostumados o PP”, senón que esixiu que as promesas “se materialicen no BOE ou no DOG” para garantir o seu cumprimento.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02