Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero destaca a “inversión sen precedentes” do Ministerio de Turismo en rehabilitación do patrimonio histórico galego: “Cumprimos con Galicia”

O líder do PSdeG salienta o plan do executivo central de 25 millóns para rehabilitar 11 bens patrimoniais galegos, logo dunha xuntanza con Reyes Maroto

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, destacou hoxe a “inversión sen precedentes” en Galicia anunciada polo Ministerio de Turismo, cunha partida de 25 millóns de euros para a rehabilitación do patrimonio histórico galego.

Así o dixo logo de manter unha xuntanza coa ministra Reyes Maroto tralo acto de presentación do Plan Nacional Turístico Xacobeo 2021-22, que se celebrou esta mañá no Hostal dos Reis Católicos en Santiago.

“Tui, Sarria, Palas, Lérez, Mondoñedo, Xunqueira de Ambía, Herbón, Sobrado dos Monxes, Pontevedra, Lourenzá, Oseira…”, enumerou Caballero para pór en valor os municipios que se verán beneficiados da “importante” inxección económica que o executivo central fará sobre once bens galegos que se atopan en lugares clave do Camiño de Santiago.

Nesta liña, o dirixente socialista destacou que co compromiso do Ministerio de Turismo “por primeira vez” a ruta xacobea contará cun plan “ambicioso” de inversións que o impulsará como “elemento vertebrador e cohesionador” do noso territorio, o que servirá para “potenciar” a oferta turística e “xerar novas oportunidades”.

“Cumprimos con Galicia”, destacou o líder do PSdeG logo de incidir en que esta actuación é un exemplo do “compromiso” do goberno de España con Galicia.

OS INVESTIMENTOS PRINCIPAIS

Ademais, o responsable do socialismo galego resaltou que os investimentos para rehabilitar bens de patrimonio histórico galego chegarán ás catro provincias galegas.

Na provincia de Lugo, reseñou, serán 7,7 millóns de euros para actuacións no Muiño do Toleiro, en Sarria; no mosteiro de Vilar de Donas, en Palas, na catedral de Mondoñedo e no mosteiro de San Salvador de Lourenzá.

No caso da Coruña, os sete millóns de euros de inversión centraranse no convento de Herbón e no de Sobrado dos Monxes.

En Pontevedra, con 5,3 millóns de euros, haberá actuacións no Cárcere Vello de Tui e en dous puntos en na capital de provincia: o mosteiro de San Salvador de Lérez e o convento de San Francisco.

Ademais, na provincia de Ourense rehabilitarase a Colexiata de Santa María, en Xunqueira de Ambía, e o Mosteiro de Oseira.

“Son actuacións importantísimas para a conservación e a posta en valor do noso patrimonio cultural”, valorou o líder do PSdeG, consciente do “compromiso” e da “sensibilidade” do goberno de España con Galicia.

12 MILLÓNS DE EUROS MÁIS

Gonzalo Caballero fixo tamén fincapé na importancia de que estas once intervencións específicas inclúan a aposta por un turismo de calidade en Galicia con outros 12 millóns de euros adicionais.

En concreto, sinalou, destinaranse cinco millóns de euros para apoiar proxectos colaborativos entre destinos asociados aos camiños e que son membros da Rede de Destinos Turísticos Intelixentes, o que beneficiará a Ourense, Santiago, Sanxenxo ou Vilagarcía de Arousa, así como ás deputacións provinciais de Lugo, Ourense e Pontevedra.

Así mesmo, Gonzalo Caballero aludiu aos sete millóns de euros que Turismo investirá en sendos plans de sostenibilidade turística, Ourense Termal e A Mariña Lucense.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18