Categorías: Actualidade

Gonzalo Caballero destaca a chegada do AVE a Galicia: “Cumprimos compromiso e evidénciase a mentira de Feijóo que negaba o fin das obras”

Tras realizar a viaxe inaugural do AVE entre Madrid e Ourense “nunha xornada histórica”, o portavoz parlamentario do PSdeG chama a “seguir avanzando e conectando as cidades galegas coa alta velocidade”

O voceiro parlamentario do PSdeG, Gonzalo Caballero, celebrou hoxe a chegada do AVE a Galicia “que deixa en evidencia as mentiras de Feijóo”. Fíxoo tras participar na viaxe inaugural do AVE entre Madrid e Ourense, xunto ao xefe do Estado e ao presidente do goberno, Pedro Sánchez, entre outros representantes.

“Cando hai un ano as e os socialistas galegos diciamos que as obras do AVE rematarían antes de finais de 2021, Feijóo contestábanos que era mentira e que isto non sería así; pero hoxe estamos nunha xornada histórica na que se verifica que as e os socialistas cumprimos con Galicia en materia de alta velocidade”, sentenciou o dirixente socialista.

Neste sentido, Gonzalo Caballero puxo en valor a “gran aposta” por parte do goberno de España en materia de infraestruturas dende o ano 2018, que “quedou patente cos feitos”. De feito, recordou que a súa primeira xuntanza cun ministro foi con José Luis Ábalos, daquela ministro de Transportes, “para avanzar en cuestións como o AVE a Galicia ou a rebaixa histórica das peaxes da AP-9”.

Así pois, o responsable socialista sinalou que a xornada de hoxe é “un día de felicidade e ledicia para os galegos e galegas”, ao tempo que destacou que “é tamén un día para manter os nosos compromisos, porque é preciso seguir avanzando e conectando as cidades galegas co conxunto da alta velocidade”.

“SEGUIR AVANZANDO”

Ao fío disto, Gonzalo Caballero puxo sobre a mesa a necesidade de avanzar en “novos retos” de investimento en materia ferroviaria de cara aos próximos anos, en liña co feito polo goberno progresista na conexión do AVE entre Madrid e Ourense. Aludiu así a compromisos como a conexión da alta velocidade ferroviaria con Lugo ou a necesidade de levar o AVE a Vigo, xa que “non poden quedar rezagadas” con respecto a outras cidades.

No caso da conexión con Vigo, o voceiro socialista sostivo que hai que facer efectivo un “acordo de país entre todas as forzas políticas” co obxectivo de unir a cidade olívica con Madrid a través da variante por Cerdedo, xa que “a área de Vigo e a provincia de Pontevedra é unha das máis puxantes de Galicia e, neste momento, ten un  tempos de conexión coa capital de España demasiado alongado”. Así, puxo en valor a xuntanza da semana pasada entre o alcalde Vigo e a secretaria de estado de Mobilidade que confirmou o compromiso socialista co AVE a Vigo.

En canto a Lugo, Gonzalo Caballero destacou o investimento comprometido polo goberno de España de 546 millóns de euros para a electrificación das vías que “permitirá dar un impulso a esta infraestrutura e dotala dunha conexión coa alta velocidade”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Partido Socialista de Galicia pedirá personarse na causa de Montoro polos chivatazos xudiciais contra Besteiro e Orozco

O Ministro do PP recibía con antelación información privilexiada de actuacións xudiciais contra os socialistas O secretario de organización do…

08/05/2024 12:21

O PP négase a apoiar no Parlamento unha proposta socialista pedíndolle á Xunta unha “reacción política” para impulsar a atención ás drogodependencias e reforzar a loita contra o narcotráfico

Paloma Castro advirte que o goberno galego está a incumprir o acordo parlamentario para asumir a xestión das Unidades de…

08/05/2024 11:00

Lara Méndez reclámalle á Xunta que apoie á viticultura heroica da Ribeira Sacra con recursos específicos para garantir a supervivencia da produción

Salienta a importancia desta modalidade produtiva para o mantemento da paisaxe e da poboación rural, e que sustenta a súa…

07/05/2024 18:33

Julio Abalde acusa á Xunta de responder con “medidas parciais e cosméticas” á caída estrutural da produción marisqueira

Reclama un Plan de axudas estables que permita a pervivencia do sector, que sufriu unha redución da produción de máis…

07/05/2024 17:21

Besteiro ve “con moita alarma” o descontrol que o Consello de Contas está detectando na contabilidade do Sergas

O secretario xeral do PSdeG reivindicou o potencial da industria galega durante a súa visita a TMC Cancela, unha empresa…

07/05/2024 16:05

Besteiro empregará a sesión de control para comprobar o compromiso de Rueda coa rexeneración democrática “ou se opta pola confrontación, a mentira e a crispación”

Elena Espinosa critica a “devaluación as políticas de igualdade” ao dividilas en dúas direccións xerais e acusa ao PP de…

07/05/2024 14:33