Categorías: Actualidade

Gonzalo Caballero denuncia o “fracaso” da política laboral de Feijóo e intensificará a “mobilización” para canalizar o “descontento” e propiciar “un cambio político” en Galicia

O secretario xeral do PSdeG pregunta se “a cabeza política” dos populares para o futuro das pensións é Celia Villalobos, quen recomendou aos mozos aforrar “dous euriños ao mes” para a súa xubilación

Santiago, 18 de xaneiro de 2018. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, reuniuse hoxe co líder de UGT en Galicia, José Antonio Gómez, para abordar os problemas que sofre actualmente a comunidade no ámbito sociolaboral. Tras constatar o “fracaso” de Feijóo na política de emprego, avanzou que os socialistas conformarán “un exército de mobilización para o cambio político” en Galicia.

“Feijóo deixa unha Galicia con menos ocupados, cun emprego máis precario, sen solucións para os desempregados, con niveis salariais á cola dos países máis avanzados e con poucas opcións para o futuro do país”, sinalou Gonzalo Caballero, quen avanzou “unha confluencia, unha cooperación” cos axentes sociais en aquelas cuestións “de prioridade social e laboral para os galegos”.

Non en van, como salientou o líder dos socialistas galegos, trátase de cuestións que afectan á calidade de vida dos galegos e que cronifican problemas como o da caída demográfica e o despoboamento do interior de Galicia.

Así é que os socialistas galegos “intensificarán a liña de mobilización”, para que “o descontento social e laboral que teñen os galegos” entre na axenda política, mentres Feijóo -criticou- “vive nun mundo irreal” e ao marxe “da falta de emprego, da cronificación do paro, da falta de oportunidades para os xóvenes e dos baixos niveles salariais”.

ASAMBLEAS EN FEBREIRO SOBRE AS PENSIÓNS

En paralelo a estas cuestións, o secretario xeral do PSdeG anunciou que os socialistas galegos súmanse á campaña iniciada polo partido a nivel federal sobre a necesidade de “volver ao Pacto de Toledo” e recuperar a dignidade das pensións.

Nese sentido, celebraranse no mes de febreiro catro asambleas abertas, unha por provincia, para falar con todos os cidadáns sobre o futuro das pensións. Acudirán, como dixo Gonzalo Caballero, representantes da dirección federal do PSOE.

Neste contexto, criticou que “a cabeza política” dos populares sexa Celia Villalobos, quen recomendou aos mozos aforrar “dous euriños ao mes” para a súa xubilación. “Merecemos algo mellor”, subliñou.

INDULTO CARLOS E SERAFÍN

Outro asunto que o xefe de filas do PSdeG abordou con UGT é a petición unánime do Parlamento de indulto para Carlos e Serafín, dous traballadores que foron condeados por participar nunha folga en 2008.

“Que Feijóo traballe para que chegue á mesa do Consello de Ministros”, reclamou.

ALTA COINCIDENCIA CON UGT

Pola súa banda, o secretario xeral de UGT-Galicia, José Antonio Gómez, que amosou “un grao de coincidencia moi profundo” co líder do PSdeG sobre o seu diagnóstico dos problemas de Galicia, lamentou tamén que “o crecemento económico non está chegando ás familias” e demandou medidas para reverter esta situación.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57