Categorías: ActualidadeNovasSecretaría Xeral

Gonzalo Caballero denuncia “dous anos de abandono e ineptitude” de Feijóo no ecuador da lexislatura

Vigo, 25 de setembro de 2018. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, fixo este martes un balance da acción da Xunta xusto no ecuador da lexislatura, e concluíu que o tempo transcorrido dende as últimas eleccións autonómicas foron “dous anos de abandono” de Galicia, caracterizados pola “ineptitude” e a “falta de proxecto”.

“A xestión de Feijóo nos deixa fondamente preocupados”, sinalou o líder dos socialistas galegos, baseándose en datos que amosan que “Galicia ten menos posibilidades de futuro” e que existe “falta de atención aos problemas dos galegos e das galegas”.

Ao fío diso, Gonzalo Caballero preguntouse que “tres medidas de Feijóo” pode citar a cidadanía que teñan suposto “un acerto” ou “un avance” . “Se a cidadanía non é capaz de dicir tres medidas positivas, temos a mellor constatación de que hai que pechar o ciclo de goberno de Feijóo e abrir outro de cambio e de progreso”, recalcou.

Pola súa banda, o máximo dirixente do PSdeG fixo fincapé en que, con Feijóo á fronte da Xunta, Galicia “foi a menos, e ten menos oportunidades de futuro para os mozos”. “Non hai proxecto nin xestión”, reprobou.

“COMPROMISOS INCUMPRIDOS”

Así mesmo, Gonzalo Caballero lamentou o “deterioro” dos servizos públicos, o “abandono” do medio rural, o “debilitamento” do tecido produtivo, a “inexistencia” de política económica e industrial, a “desatención” aos sectores máis vulnerables e o “incumprimento” coas infraestruturas.

Non se esqueceu o secretario xeral dos socialistas galegos dos “compromisos incumpridos” por Feijóo en materias tan importantes como a lei dos medios públicos e a loita pola igualdade e contra a violencia de xénero.

“Estivo máis centrado na súa promoción persoal e nas súas dúbidas e especulacións sobre o seu futuro que en atender á realidade dos galegos e as galegas”, criticou, non sen esixir “unha rectificación profunda” de políticas.

Por último, antes de manter unha xuntanza coa comisión de centro do hospital Álvaro Cunqueiro, Gonzalo Caballero incidiu no “suspenso” de Feijóo en materia sanitaria, pois “nin lle interesa nin lle preocupa”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18