Categorías: Actualidade

Gonzalo Caballero denuncia a “terrible e gravísima situación” do Sergas que pechou as consultas de Primaria en 14 centros da área de Vigo: “É unha alerta do que pode ocorrer no futuro se non cambiamos as políticas sanitarias do PP”

Censura os “recortes” da Feijóo durante 12 anos nos que “descoidou ao persoal sanitario e descapitalizou a sanidade pública galega”

O portavoz parlamentario do PSdeG, Gonzalo Caballero, denunciou hoxe a “terrible e gravísima decisión” do Sergas de pechar consultas en 14 centros de saúde da área de Vigo que afectan a oito concellos do sur de Galicia.

“Estamos fondamente preocupados”, sinalou o dirixente socialista, xa que isto “é unha alerta do que pode ocorrer no futuro, noutros momentos e noutros lugares de Galicia, se non cambiamos as políticas sanitarias do PP que son lesivas para a Atención Primaria e para a sanidade pública galega”.

Neste sentido, o voceiro parlamentario censurou a política de “recortes da Xunta do PP” que “descoidou ao persoal sanitario e descapitalizou a sanidade pública galega” e agora restrinxe o servizo nestas unidades onde o persoal médico só atenderá urxencias e cuestións vinculadas coa covid.

“Tras 12 anos de políticas contra a sanidade pública, o Sergas comeza o 2022 pechando as consultas do médico de cabeceira porque non hai persoal médico suficiente, o cal é unha situación gravísima que non podemos consentir”, incidiu Gonzalo Caballero.

A restrición da actividade, anunciada pola Dirección de Atención Primaria do Sergas, afecta aos centros de saúde de O Rosal, A Guarda, Oia, Moaña, Ponteareas, O Porriño, Tomiño e aos centros de Vigo de Navia, Nicolás Peña, Beiramar, Casco Vello, Matamá e Teis.

“É MÁIS NECESARIO QUE NUNCA FORTALECER A SANIDADE PÚBLICA”

Con todo, o responsable socialista subliñou a necesidade de volver contratar aos máis de 500 profesionais de reforzo despedidos e continuar cunha “estratexia de vacunación crecente”, xa que esta “é a mellor garantía para afrontar o futuro e poder convivir co virus”.

“Coa Atención Primaria saturada e co persoal sanitario desbordado, é máis necesario que nunca fortalecer a sanidade pública galega, polo que a Xunta debe reforzar o persoal contratado para poder ofrecer un servizo de calidade a pleno rendemento cando máis se necesita”, incidiu, xa que nos atopamos nun momento “preocupante” nunha sexta onda coa incidencia da covid “disparada”.

Por último, Gonzalo Caballero urxiu á Xunta a “defender a sanidade pública” e abordar unha política laboral dentro do Sergas de “estabilidade e compromiso” cos profesionais sanitarios, cuestión que o Grupo Socialista xa levou o ano pasado á Comisión de Reactivación do Parlamento onde defendeu a creación de 5.000 novas prazas estables na sanidade pública e a estabilidade laboral para profesionais que levan tempo na interinidade de contratos laborais sucesivos, ás veces contratos por 1 día.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18