Categorías: Actualidade

Gonzalo Caballero defende os postos de traballo en Alu Ibérica e secunda a petición de convocar a mesa técnica

O secretario xeral do PSdeG critica que Feijóo siga “ausente” das dificultades de Galicia e esíxelle que ”se implique a fondo” tras 11 anos de perda de pulo industrial

Gonzalo Caballero garantiu hoxe a defensa dos postos de traballo da antiga Alcoa na Coruña, cuxo comité de empresa foi recibido hoxe pola alcaldesa e que actualmente mantén un encerro no Pazo de María Pita.

A respecto da situación dos traballadores da factoría de Alu Ibérica, o líder dos socialistas galegos apoiou as súas reivindicacións de que se convoque a mesa técnica, na que están representados o Goberno de España, a Xunta e o propio comité.

Ao fío diso, Gonzalo Caballero recordou o compromiso do goberno de España na procura de solucións para a planta coruñesa  e reclamou á Xunta que amose “a mesma implicación”. “Tras 11 anos de perda de pulo industrial en Galicia, Feijóo ten que deixar de estar ausente dos problemas”, recalcou.

“Non pode ser que Feijóo se inhiba constantemente da solución dos problemas: o Estatuto de Autonomía dálle as competencias en materia económica e industrial”, evidenciou o líder do PSdeG, antes de esixirlle que “arrime o hombro”.

“Hai que buscar todas as fórmulas xurídicas que dean seguridade aos traballadores ante as incertezas e risco que implica o novo inversor”, manifestou Gonzalo Caballero.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13