Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero critica que Feijóo use o AVE na súa “estratexia desesperada de confrontación” co goberno de España trala “parálise” da etapa de Rajoy

O secretario xeral recorda que Montoro xerou o problema do IVE en 2017 e que o PP rexeitou a vía ordinaria para resolvelo, polo que avogou por “buscar mecanismos” que permitan garantir os fondos das autonomías

Santiago, 27 de xaneiro de 2020. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, criticou hoxe “a dinámica de confrontación co goberno de España” que Feijóo está poñendo en marcha neste ano de eleccións en Galicia, toda vez que o está levando a utilizar “o Consello da Xunta como a xunta directiva do PP”. “Está chegando a puntos inusitados, con faltas de respecto e mentiras”, sinalou.

Neste punto, o líder dos socialistas galegos reprobou que Feijóo inclúa nesa “estratexia desesperada” a chegada do AVE a Galicia, unha infraestrutura coa que o goberno progresista está “comprometido” e que foi obxecto de “parálise e retrasos” durante a etapa de Mariano Rajoy e Ana Pastor, segundo desvelou o Tribunal de Cuentas.

Sobre esas paralizacións de obras, que derivaron en retrasos na execución e en sobrecustes de 500 millóns de euros, recordou Gonzalo Caballero, “Feijóo non abriu a boca entón” e tampouco o fai agora. “Ten que dar contas do que fixeron Mariano Rajoy e Ana Pastor co seu aplauso”, requiriu.

Máxime, como subliñou, porque agora o goberno progresista está dispoñendo o orzamento necesario para levar a termo as obras e para que non haxa “ningún retraso” derivado da súa actuación. Ademais, puxo en valor o compromiso coa “seguridade na vía”, implementando o ERTMS tamén en tramos nos que non estaba previsto.

É por iso que o máximo dirixente do PSdeG concluíu que “a maior tomadura de pelo” é “o silencio cómplice de Feijóo coa parálise” das obras da alta velocidade a Galicia, un feito que explica “por que o PP sacou a Ana Pastor da política galega”. “Tomáronnos o pelo”, evidenciou, ao recordar que entre 2014 e 2017 o ADIF só executou o 49% do orzamento previsto nesta infraestrutura.

“COMPROMISO CON GALICIA”

“Os socialistas traballamos ao servizo de Galicia”, contrastou Gonzalo Caballero, quen resaltou o “compromiso con Galicia” do goberno progresista tanto na chegada do AVE como na transferencia e na redución das peaxes da AP-9 ou no que atinxe ao financiamento autonómico.

“Fronte ás mentiras do PP e ao risco que entraña o seu pacto coa ultradereita”, recalcou o candidato socialista á Presidencia da Xunta, “somos a garantía” para o sostemento financeiro das comunidades.

Deste xeito, tras recordar que foi Montoro quen xerou o problema do IVE en 2017 e que o PP rexeitou a vía ordinaria para resolvelo o ano pasado, o secretario xeral do PSdeG avogou por “buscar mecanismos” para paliar a situación a través do novo modelo de financiamento autonómico.

“A vía ordinaria para resolver os axustes do IVE xa pasou, así que haberá que buscar outras vías”, incidiu Gonzalo Caballero, quen advertiu de que, ao igual que pasou coas entregas a contas, “as mentiras de Feijóo co IVE iranse desfacendo unha a unha”.

VIOLENCIA MACHISTA

Gonzalo Caballero iniciou a rolda de prensa despois de participar no minuto de silencio do Parlamento en repulsa do crime machista ocorrido na Pastoriza esta fin de semana e amosou a condena do PSdeG. “É unha mostra máis de que temos que ter todas as alertas neste asunto”, indicou.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18