Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero critica “o proxecto baleiro” da Xunta para obter fondos europeos que “nin foi consensuado nin feito público” e reclama “transparencia”: “Os 108 proxectos seguen ocultos”

O secretario xeral critica a nova comparecencia de Conde na comisión de reconstrución decidida “unilateralmente” polo PP e reclama acordar un novo programa de traballo que inclúa “moitos expertos” que non foron admitidos

Santiago, 15 de decembro de 2020. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, criticou hoxe “o proxecto baleiro” que presenta a Xunta para tentar obter fondos europeos a través de 108 proxectos que “seguen ocultos” e que “non foron consensuados” coas empresas, cos sindicatos, cos grupos políticos, coas universidades ou coas administracións locais. Por iso, reclamou “transparencia” ao goberno galego, toda vez que ese listado de proxectos nin sequera foi trasladado ao Parlamento.

Así o dixo durante a súa intervención na comisión de reconstrución do Parlamento de Galicia, tras unha nova comparecencia do vicepresidente económico decidida “unilateralmente” o PP logo de deixar fóra “moitos expertos” propostos polo Grupo Socialista e que “poderían contribuír” na tarefa da reactivación do país.

De feito, ao fío disto, Gonzalo Caballero requiriu que se pacte un novo programa de traballo que amplíe a comisión, toda vez que dende o PSdeG “dixemos dende o principio que facía falla máis tempo para poder contar con máis comparecencias”.

Ademais, o máximo líder dos socialistas galegos evidenciou que o feito de que o vicepresidente económico compareza por segunda vez amosa que a Xunta está “sen rumbo nin orientación” sobre a captación de fondos europeos. Por iso, tendeu a man ao goberno galego para “consensuar” as necesidades de Galicia e a estratexia a seguir.

Sobre todo, como dixo, cando as empresas “xa son conscientes de que falar coa Xunta é como non falar con ninguén”, porque nin se coñecen os criterios cos que se seleccionaron os proxectos. Así é que, ante as reclamacións do vicepresidente económico ao goberno de España, Gonzalo Caballero deu a “benvida” á Xunta á “transparencia” e á “cogobernanza” que “nunca exerceron”. É máis, “non houbo nin unha soa chamada de Feijóo despois da súa investidura para abordar a complexa situación que temos por diante”, recordou.

“OPORTUNIDADE HISTÓRICA”

Logo de incidir en que os 108 proxectos dos que falou o vicepresidente son “un resumen sen concreción”, o voceiro parlamentario do PSdeG sinalou que a Xunta non debe formular “como un pulso” a estratexia de obtención de fondos comunitarios.

“Póñanse a remar e a sumar”, urxiu Gonzalo Caballero, consciente de que Galicia ten ante si “unha oportunidade histórica” de obtención de fondos que “non podemos desperdiciar” para acometer a reconstrución de Galicia.

Por iso, demandou unha ponencia específica para abordar a estratexia a seguir, pero rexeitou que a Xunta pida “corresponsabilidade” ante esta “ocultación de información”. Porque, remarcou, “aínda non coñecemos o investimento, os socios, a análise deses 108 proxectos”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Nicolás González Casares reivindica o reforzo de Galicia na rede transeuropea de transportes e aplaude o investimento de 4.500 millóns de euros para o corredor atlántico

O candidato do PSdeG ao Parlamento Europeo sinala que “demostramos que o noso obxectivo é facer Europa dende Galicia e…

18/05/2024 11:38

Nicolás González Casares esíxelle a Xunta e PP que se sumen ao consenso na defensa do galego: “se o PP quere, o galego será lingua oficial en Europa en cuestión de meses”

Participa na manifestación na defensa da lingua celebrada en Compostela   O candidato socialista ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares,…

17/05/2024 14:16

Besteiro, na homenaxe a Luísa Villalta: “A defensa da nosa lingua é hoxe máis necesaria que nunca”

O secretario xeral do PSdeG lembra que os socialistas adiantaron no Parlamento o 11 de abril un gran pacto polo…

17/05/2024 13:31

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27