Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero critica o “fracaso” na xestión sanitaria da Xunta: “A incapacidade do goberno de Feijóo quedou patente esta semana co caos da Consellería de Sanidade”

O líder do PSdeG censura a “inacción, deixadez e incapacidade” do goberno galego tras ver, esta semana, a saturación da Primaria, o colapso da web do Sergas, a rectificación polo conflito das vacinas e a sentencia do TSXG

O dirixente socialista sinala que a nota do TSXG constata que “goberno do PP non está a altura das circunstancias” e “meteu nun limbo á hostalaría”

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, visitou hoxe Vilagarcía de Arousa xunto ao seu alcalde e presidente da Fegamp, Alberto Varela e, dende alí, criticou “o caso e o fracaso” na xestión sanitaria da Xunta que se recruou esta semana.

“O que aconteceu esta semana amosa que o goberno de Galicia non está á altura das circunstancias”, sentenciou o dirixente socialista, quen censurou as “listas de espera de ata 26 días en bisbarras, o colapso da web de autocitas do Sergas, a rectificación polo conflito das vacinas e, agora, a sentencia do TSXG” que “amosa que temos un goberno de chapuza”.

Así, subliñou, “a incapacidade do goberno de Feijóo quedou patente esta semana co caos da Consellería de Sanidade”.

Ao fío disto, sinalou que “non podemos permitir que o goberno do PP pola súa incapacidade meta nun limbo a toda a hostalería”. “A consellería de Sanidade está superada pola realidade e non sabe que facer”, sentenciou.

Por todo isto, Gonzalo Caballero incidiu en que “Feijóo non pode seguir estando ausente” e “ten que sacar ao goberno das vacacións e poñelo a dar solucións, en vez de crear problemas aos galegos e galegas”. “Merecemos algo mellor”, sinalou, xa que “o PP non pode manter unha inacción e falla de compromiso que dea problemas aos galegos e galegas”.

Nesta liña, incidiu en que para a ”reactivación” de Galicia “temos que fortalecer a Atención Primaria, a sanidade pública e tomar medidas fronte ao virus que impliquen unha desescalada con seguridade xurídica”.

O MUNICIPALISMO, “REFERENCIA DAS MELLORES POLÍTICAS PÚBLICAS”

Noutro orde de cousas, o dirixente socialista loou o labor do municipalismo que “está sendo unha referencia das mellores políticas públicas” á hora de “defender as necesidades da xente en tempos de pandemia”.

Por iso, subliñou o “gran traballo” que fan os alcaldes e alcaldesas socialistas ao longo do territorio cando “foron e aínda están sendo meses de enormes dificultades”. “Alí onde a Xunta non está, están os concellos” que “son os mellores aliados da cidadanía” cando mesmo “están levando a cabo competencias que non lles corresponden”.

Así, Gonzalo Caballero destacou o traballo ao fronte do goberno municipal do equipo de goberno de Vilagarcía e do seu alcalde, Alberto Varela. “Quero recoñecer unha vez máis o magnífico traballo que está facendo o goberno municipal de Vilagarcía, que é un exemplo de dedicación, compromiso e boa xestión”, sentenciou.

ALBERTO VARELA CENSURA A FALLA DE “DIÁLOGO E INTERLOCUCIÓN” DA XUNTA COS CONCELLOS

Doutra banda, o alcalde de Vilagarcía e presidente da Fegamp, Alberto Varela, censurou a falla de “diálogo e interlocución” por parte da Xunta cos concellos, xa que “somos nós o principal eixo de control de todas as medidas sanitarias” e cando os municipios xa demandaron que “era convinte manter reunións periódicas para saber a evolución do virus e medidas a tomar”.

Así, incidiu en que ante o “limbo legal” no que se atopa a hostalaría neste momento trala decisión do TSXG, mesmo a policía municipal descoñece “en que situación queda” para facer labores de control.

“Se somos nós o principal eixo de control de todas as medidas sanitarias, que menos que, antes de tomarlas, se escoite a voz dos concellos”, sinalou. “Non é cuestión de signos políticos, xa que o din todos os alcaldes e alcaldesas”, subliñou, logo de lamentar que os municipios continúan coñecendo as medidas impostas pola Xunta directamente a través do DOG.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32

Carmen Dacosta reclámalle á Xunta que mellore a planificación dos recursos sanitarios diante da “situación catastrófica” da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Esíxelle á nova xerencia da área que reforce o persoal sanitario para garantir a asistencia sanitaria de calidade que merecen…

16/05/2024 13:28

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38

Paloma Castro acusa á Xunta de “retroceder máis de 20 anos” nas política de Igualdade por seguir as teses da extrema dereita

Censura a devaluación da antiga Secretaría Xeral de Igualdade no novo goberno e alerta de que a reintegración do concelleiro…

15/05/2024 14:05

Besteiro esíxelle a Rueda “valentía” para atender ás demandas de transparencia formuladas pola Valedora e o Consello de Contas

Repróchalle ao presidente da Xunta que o PP se descolgara onte dun acordo parlamentario para pedir a continuidade das bonificacións…

15/05/2024 11:56

O Parlamento aproba a proposta socialista para instar á Xunta a promover políticas que impulsen a incorporación da muller ao traballo de calidade

Carmen Rodríguez Dacosta criticou que o PP, cando chegou ao Goberno no 2009, “eliminou todas as políticas de igualdade no…

14/05/2024 20:09