Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero anuncia os 15 eixos da ponencia marco do PSdeG: “Estamos edificando o mellor socialismo galego para a década dos 20”

O secretario xeral do PSdeG anuncia unha ponencia “inclusiva” que “se vai facer de abaixo arriba coa voz dos militantes”

O dirixente socialista avanza que Alberto Varela, presidente da Fegamp e alcalde de Vilagarcía, e María Barral, vicepresidenta da Fegamp e alcaldesa de Betanzos, “coordinarán” a elaboración do eixe municipalista

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, anunciou hoxe os 15 eixos cos que contará a ponencia marco do partido cara ao vindeiro proceso congresual.

“Estamos edificando o mellor socialismo galego para a década dos 20”, sinalou o máximo dirixente das e dos socialistas galegos, despois de destacar que xirará entorno a “catro grandes compromisos: esquerda, feminismo, ecoloxismo e galeguismo-federalismo”.

Así, incidiu en que “fronte a un PP sumido na doutrina conservadora da inacción, na deixadez de funcións, na falla de ambicións e solucións, e fronte a un nacionalismo galego que se quere abrazar á vía Junqueras que non trae nada positivo para Galicia, imos facer un proxecto de país que beneficia aos galegos e galegas, pensado na nosa xente”, sentenciou.

Para iso, sinalou, “imos contar coa participación de diferentes representantes do partido nas distintas Cámaras”, pero tamén “coas aportacións do conxunto da militancia e dos grupos de traballo”, xa que será unha ponencia “inclusiva” que “se vai facer de abaixo arriba coa voz das e dos militantes”.

Nesta liña, Gonzalo Caballero avanzou que o alcalde de Vilagarcía e presidente da Fegamp, Alberto Varela, e a alcaldesa de Betanzos e vicepresidenta da Fegamp, María Barral, serán quen “coordinarán” a elaboración do eixe municipalista.

“15 EIXOS DE TRABALLO”

Por último, o líder do PSdeG enumerou os “15 eixos de traballo” nos que se volcarán os ponentes “para fortalecer, renovar e impulsar a Galicia do futuro que dea oportunidades aos galegos e galegas”:

  1. A esquerda para a Galicia do 2030
  2. Economía próspera e xusta: modernización e emprego
  3. Cohesión social, benestar e servizos públicos:
    • Sanidade
    • Educación
    • Políticas Sociais
  4. Federalismo e galeguismo: o avance do autogoberno galego
  5. Municipalismo e concellos en Galicia
  6. Feminismo e igualdade
  7. Compromiso ecoloxista: Galicia Sostible
  8. A vertebración do territorio
  9. A Galicia rural e o reto demográfico
  10. Cultura e lingua
  11. O futuro da mocidade
  12. Galicia en Europa e no mundo
  13. Calidade institucional, xustiza e administración
  14. Novos dereitos e liberdades, memoria democrática
  15. O modelo do partido: forza da militancia

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32

Carmen Dacosta reclámalle á Xunta que mellore a planificación dos recursos sanitarios diante da “situación catastrófica” da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Esíxelle á nova xerencia da área que reforce o persoal sanitario para garantir a asistencia sanitaria de calidade que merecen…

16/05/2024 13:28

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38