Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero critica o acordo entre PP e BNG para “recortar os tempos” da Comisión de Reconstrución: “Fai falta reflexión e escoitar a Galicia”

O líder dos socialistas galegos defende un prazo de seis meses de traballo para dar a Galicia respostas de “medio prazo” mentres corresponde á Xunta gobernar e actuar nas cuestións inmediatas nas que fan falla decisións

O PSdeG apoia as normas de funcionamento da comisión porque mantén “vontade de construír” para a reconstrucción de Galicia, pero lamenta que o PP non renuncie a vetar comparecentes

O líder dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero, amosou hoxe a súa sorpresa polo acordo de PP e BNG para “acelerar máis rápido do convinte” a comisión de reconstrución de Galicia post covid. Logo da reunión que fixou as normas de funcionamento do órgano, o portavoz do Grupo Socialista alertou do risco de facer do órgano un “paripé” ao “pasar de puntillas” polos grandes retos do país se o interés do PP e do BNG é facelo “demasiado rápido”.

Consciente de que fai falla “reflexión”, defendeu un prazo de seis meses para “escoitar a Galicia” e “fixar as liñas para a recuperación a medio prazo”, porque, argumentou, é a Xunta a que decide as medidas do goberno a curto prazo. Esa “présa por poñer fin á comisión” en tres meses, explicou Gonzalo Caballero, fará que os traballos se realicen antes de coñecer as normas da UE para asignar os fondos da covid e que coincidan no tempo coa aprobación dos orzamentos.

Ademais, o líder do PSdeG alertou do “erro do PP” ao manter a capacidade de veto a comparecencias propostas polos grupos da oposición, así como ao negarse a garantir que os comparecentes responderan de xeito individualizado ás preguntas dos grupost parlamentarios. Ámbalas dúas medidas foran incorporadas ás emendas do Grupo Socialista ás normas de funcionamento da comisión e rexeitadas hoxe polo PP.

A pesares diso, os socialistas galegos apoiaron as normas de funcionamento deste órgano parlamentario. “Máis alá de discrepancias nos tempos e na estrutura, imos estar á altura do reto que supón a crise da covid, asegurou Gonzalo Caballero, a prol de manter “vontade construtiva”.

De feito, o secretario xeral do PSdeG confirmou a disposición do seu grupo para “traballar arreo” e “escoitar as aportacións dos representantes da economía, a sociedade e a cultura galegas, así como á cidadanía que o está pasando mal”.

Oposición responsable

Gonzalo Caballero chamou a atención do presidente da Xunta poñendo como exemplo á oposición “crítica pero leal e responsable” de Galicia fronte á liña “tremendamente irresponsable e populista” que protagoniza o PP fronte ao goberno de España.

Así o dixo en alusión á moción de censura que se debaterá no Congreso esta mesma semana e que, dixo, “busca tensionar baseándose en argumentos populistas falaces e destruír os elementos de convivencia” por parte dunha ultradereita á que o PP “tende a man” buscando unha “estratexia paralela”.

Ourense

Finalmente, en resposta a preguntas dos medios de comunicación, o líder dos socialistas galegos emprazou ao presidente da Xunta a “decidir se mantén a Jácome ou dá instrucións para permitir un goberno solvente na cidade” encabezado por quen gañou as pasadas eleccións, o socialista Rafael Rodríguez Villarino. Lembrou que os socialistas galegos amosaron a “vontade de superar a situación” poñendo os votos “a disposición dunha moción de censura”.

“Nin sequera é necesario que o apoien tódolos concelleiros do PP”, sinalou ao explicar que tan só resta un voto técnico para sumar a maioría necesaria que lle dea relevo a Jácome, “atrincherado” detrás do sillón da alcaldía. Lembrou que Feijóo bendixo o acordo de goberno, para darlle a alcaldía a cambio da presidencia da Deputación, e é de quen depende que o PP non permita o seu desaloxo, co que “é responsable directo do que acontece en Ourense”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13