Categorías: Secretaría XeralUncategorized

Gonzalo Caballero cre que Feijóo só “tenta amagar con que vai facer cambiar as cousas” porque o seu obxectivo é “manterse no coche oficial no que leva subido 20 anos”

O secretario xeral do PSdeG destaca o “magnífico equipo” para “abrir unha páxina de progreso” en Lugo fronte ao “abandono” que Feijóo inflixiu á provincia e á cidade

Lugo, 22 de xuño de 2019. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, sinalou hoxe que Feijóo está “tentando amagar con que vai facer cambiar as cousas”, despois de tres derrotas electorais consecutivas, pero advertiu de que “non quere que nada cambie”, pois “o seu único obxectivo é manterse no coche oficial ao que leva subido vinte anos”.

Por iso, tras recordar como “hai dous días Feijóo utilizaba a Xunta para un acto político do PP”, Gonzalo Caballero remarcou que “é hora de que a maioría social de progreso liderada polo PSdeG siga avanzando”. Sobre todo, como dixo, porque “o PP non ten folla de ruta para Galicia e non cumpriu os seus compromisos cos galegos”.

Como mostra diso, o líder dos socialistas galegos apuntou “un dato alarmante” que amosa “o fracaso” de Feijóo tras unha década de goberno: “hoxe nacen 5.000 nenos menos cada ano que cando chegou Feijóo”. E engadiu que “por cada neno que nace, morren dúas persoas” en Galicia.

Ante uns datos que nos sitúan “á cola de Europa”, Gonzalo Caballero puxo o foco en que “Galicia deixa de ter futuro” a causa da perda de poboación, da caída do emprego e do empeoramento dos servizos públicos que nos deixa un Feijóo que “non ten proxecto nin político, nin económico, nin social” para o país.

Así o dixo o máximo dirixente do PSdeG nunha visita a Lugo en compañía do secretario de Organización, José Antonio Quiroga; da alcaldesa, Lara Méndez, e dos deputados provinciais socialistas encabezados por quen será o próximo presidente da Deputación, José Tomé, alcalde de Monforte, como así ratificou a Comisión Federal de Listas do PSOE. “Un magnífico equipo”, segundo as súas palabras, para “abrir unha páxina de progreso, futuro e avance” na provincia.

LUGO

“Os socialistas sabemos gobernar para a maioría”, recalcou Gonzalo Caballero, quen fixo fincapé en que “estamos comprometidos con Lugo” mentres Feijóo “abandonou á cidade e á provincia”. “Foi o gran inimigo das cidades e tamén abandonou ao medio rural”, incidiu.

Así se explica, como dixo o líder do PSdeG, o “fracaso” electoral do PP nos recentes comicios, nos que os socialistas lideran as principais vilas e cidades da provincia.

É o caso, profundou, da capital, Lugo, onde Lara Méndez “fixo unha magnífica tarefa e seguirá liderando o proxecto de transformación da cidade”, e de municipios relevantes como Monforte ou Viveiro, onde os socialistas “avanzamos” en apoio da cidadanía.

No que atinxe á Deputación, Gonzalo Caballero destacou que o grupo provincial socialista conxuga a “experiencia” de tres persoas que repiten -Pablo Rivera, Pilar García Porto e Mayra García- xunto coa “renovación” que pasa pola incorporación varios “alcaldes de referencia” -os de Ribeira de Piquín, Xermade, Pedrafita, Castroverde, Viveiro e Monforte- e da concelleira de Lugo Ana González Abelleira.

“É un equipo disposto a traballar por Lugo, liderado por un alcalde que vai dar o mellor de si mesmo para abrir unha páxina de progreso, futuro e avance na provincia”, concluíu o secretario xeral do PSdeG, quen comprometeu que o traballo do goberno provincia terá “unha prioridade social” e que atenderá ás cidades pero tamén aos pequenos concellos e ao medio rural.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13