Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero cre que Feijóo busca “despistar do fracaso na súa xestión” falando dun adianto electoral: “Nós estamos preparados para o cambio de ciclo”

O secretario xeral chama a secundar a manifestación de mañá en Santiago a “todos os que defendemos a sanidade pública, con Verín como punta do iceberg dos recortes de Feijóo”

Ourense, 8 de febreiro de 2020. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, levou hoxe “a axenda de cambio” ata Ourense, onde mantivo unha xuntanza de traballo con cargos do partido na provincia, e criticou que Feijóo tente “despistar á opinión pública” sen aclarar o escenario electoral.

“Busca despistar do seu fracaso, e non falar dos seus recortes na sanidade, do abandono do rural…, porque sabe que as contas non lle dan”, agregou o líder do PSdeG, antes de requirir a Feijóo “que teña responsabilidade e dignidade política” para non facer “vantaxismo” coa data electoral.

En todo caso, Gonzalo Caballero deixou claro que “os socialistas estamos preparados para o cambio de ciclo” cando Feijóo queira poñer as eleccións, co aval do traballo feito dende a súa chegada á Secretaría Xeral do PSdeG e tamén da labor do goberno de Pedro Sánchez. “Amosa que o país avanza cando gobernan os progresistas e retrocede cando o fan os conservadores”, evidenciou.

Así é, como concluíu, que “hai un novo vento a favor do progresismo en Galicia” e que a mobilización desa Galicia nova que “non se resigna ao diagnóstico en branco e negro do PP” será clave.

Ao fío disto, o candidato do PSdeG-PSOE á Presidencia da Xunta chamou a secundar a manifestación de mañá en Santiago a “todos os que defendemos a sanidade pública, co peche do paridoiro de Verín como punta do iceberg dos recortes de Feijóo”.

INTERMODAL DE OURENSE

No que atinxe á intermodal de Ourense, Gonzalo Caballero recordou que “ten o selo do PP”, posto que o proxecto foi aprobado cun alcalde do PP, un presidente da Xunta do PP e unha ministra e un presidente do goberno do PP, mentres que os socialistas estamos a favor de acometer todas as melloras posibles que favorezan á cidade.

A maiores, o líder socialista sinalou que Feijóo ten que aclarar aos ourensáns e ás ourensás a ubicación onde decidiu poñer a estación de autobuses, que tanto rexeitamento está xerando na cidade.

O máximo dirixente do PSdeG reclamou que Feijóo e “o seu alcalde” de Ourense comparezan para “explicar o seu proxecto para a cidade”. Pola súa banda, abriu a porta a estudar opcións “para integrar a estación intermodal no territorio do mellor xeito posible”.

FINANCIAMENTO AUTONÓMICO

En paralelo, tamén a preguntas dos xornalistas, Gonzalo Caballero subliñou que “a única fórmula para solucionar o problema do IVE que xerou Montoro en 2017 mentres Feijóo aplaudía” é un goberno progresista que busque “mecanismos de corrección” ben vía Orzamentos Xerais do Estado, ben vía novo modelo de financiamento autonómico.

“O PP xerou o problema e impediu solucionalo en 2019, pero o goberno progresista buscará como drenar fondos ás comunidades”, recalcou o líder socialista en alusión a un problema que, lonxe do “España nos roba en versión Feijóo”, afecta a todas as comunidades.

Ademais, Gonzalo Caballero lamentou que “Feijóo non quere falar” do informe do Tribunal de Cuentas que recolle que “a parálise das obras do AVE entre 2014 e 2017, co goberno de Rajoy, implicou un sobrecuste de 500 millóns de euros”.

“Pero Feijóo non asume ningunha responsabilidade”, agregou o dirixente socialista, consciente de que eses fondos máis que duplican os cartos do IVE de 2017. “Está nunha vía de confrontación que non resolve os problemas dos galegos”, concluíu.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04