Categorías: Secretaría XeralUncategorized

Gonzalo Caballero convoca aos galegos a “unha gran alianza por unha Galicia mellor” porque “nada está feito, pero o vento de cambio sopra con forza”

O secretario xeral sinala que “estamos preparados para cumprir con Galicia” despois de 11 anos de Feijóo nos que “Galicia foi a peor en todos os parámetros importantes”

Santiago, 11 de febreiro de 2020. O candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, convocou hoxe a todos os galegos a “unha gran alianza para traballar por unha Galicia mellor” a partir do vindeiro 5 de abril despois de 11 anos de Feijóo nos que “Galicia foi a peor en todos os parámetros importantes”, como emprego, demografía e servizos públicos.

Gonzalo Caballero compareceu hoxe ante os medios para subliñar que o PSdeG representa “o cambio no que se pode confiar” e que, ademais, é “necesario” para superar os retos que ten por diante Galicia.

“Eu non me resigno ao balance negativo que deixa Feijóo nin a un presidente que mentiu incluso co calendario electoral”, remarcou, ao recordar que Feijóo chegou a asegurar que non había “ningún motivo” para adiantar os comicios.

“Incumpre unha vez máis a súa palabra para tentar acadar algún vantaxismo que lle poida dar os réditos que foi perdendo”, evidenciou o líder dos socialistas galegos, consciente de que Feijóo cada día é “un problema maior” para Galicia.

En todo caso, Gonzalo Caballero deixou claro que “estamos preparados” para afrontar esta cita. “Temos todos os deberes feitos para xerar o cambio que Galicia necesita e para facelo dende os valores do progresismo, do galeguismo, do compromiso ecolóxico, do compromiso coa política próxima á cidadanía e coa defensa dos servizos públicos. Imos cumprir con Galicia”, remarcou.

“O CAMBIO É IMPARABLE”

Neste escenario, o secretario xeral do PSdeG apelou a esa “nova maioría social que emerxeu con forza” nas distintas convocatorias electorais do ano pasado para dicirlle a Feijóo que “non nos resignamos” á súa “falla de proxecto” para Galicia.

“Imos patear o país de arriba abaixo para falar con todos os galegos. Porque se hai moita participación o 5 de abril, non hai ninguén que pare o cambio”, agregou o dirixente socialista, antes de finalizar: “Nada está feito, pero o vento de cambio sopra con forza”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28