Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero conmemora “o fracaso” do golpe de estado do 23F e insta á unidade política na defensa democrática fronte á ultradereita

O secretario xeral advirte contra os “riscos” do discurso “machista, xenófobo e retrógado” dunha ultradereita que “ameaza a nosa convivencia” e reivindica a aposta dos socialistas por “avanzar en dereitos e liberdades e non retroceder”

O líder socialista chama á Xunta dende Dodro a ser “aliada” dos pequenos concellos e o alcalde require “un esforzo inversor” para dar “servizos e dereitos” á Galicia interior

Dodro, 23 de febreiro de 2021. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, visitou hoxe Dodro en compañía do alcalde, Xabier Castro, para reclamar á Xunta que atenda as necesidades dos pequenos concellos do interior de Galicia.

Dende alí, aproveitando a efeméride, o líder dos socialistas galegos recordou que hai hoxe 40 anos que España sufriu un intento de golpe de estado que pretendía “poñer fin á etapa constitucional”. “Satisfactoriamente, o golpe fracasou e a sociedade e a política española conseguiron consolidar a democracia”, destacou, para poñer en valor “a fórmula de convivencia e de dereitos e liberdades” de que nos dotamos.

“Hoxe España é unha democracia plena, unha das democracias plenas do mundo”, recalcou Gonzalo Caballero, quen chamou a “seguir perfeccionando” o sistema porque “sempre existen debilidades” e “ningunha democracia do mundo é perfecta”. “Temos que construír o mellor modelo entre todos”, apelou.

Por iso, o máximo referente do PSdeG lamentou a falla de unidade política no acto que acolle o Congreso dos Deputados para rememorar o fracaso do golpe de estado. “Lamentamos que non todas as forzas políticas entendan a importancia da unidade na conmemoración da batalla para consolidar a democracia en España”, subliñou, en referencia ao rexeitamento expresado polo BNG e os independentistas de Bildu, ERC e JxCat.

“Hoxe é un día para defender a convivencia”, reivindicou Gonzalo Caballero, ao tempo que lamentou que as forzas soberanistas rexeitaran sumarse aos demócratas que poñen en valor “o triunfo contra o golpe de estado hai 40 anos”.

“RISCOS” PARA O FUTURO

“Os e as socialistas defendemos a convivencia en liberdade, condenamos o franquismo e traballamos na Transición por un país democrático e máis xusto; e os distintos gobernos socialistas sempre avanzaron en dereitos e liberdades, no estado do benestar, na modernización do país e en situar a España en Europa”, resaltou, consciente da importancia de “non retroceder”.

Sobre todo, como dixo Gonzalo Caballero, ante os “riscos” das posicións extremistas e do discurso “machista, xenófobo e retrógrado” dunha ultradereita que “ameaza a nosa convivencia”. Por iso, fixo un chamamento para saír desta crise “cun país mellor” no que “a democracia e os nosos dereitos e liberdades” saian “fortalecidos”.

“Fronte aos que non condenan o franquismo e á ultradereita e fronte os que non queren celebrar o fracaso do 23F, os socialistas representamos o espírito da democracia e da convivencia e seguiremos traballando fronte a calquera escenario que implique riscos de involución”, concluíu o responsable do PSdeG.

Gonzalo Caballero participará neste serán nun encontro virtual organizado polo PSdeG con Antonio Rodríguez, Isidoro Gracia e José Vázquez Fouz, deputados socialistas galegos presentes no Congreso o 23F. “Queremos escoitar as súas reflexións sobre os riscos da ultradereita 40 anos despois”, explicou o secretario xeral.

VISITA A DODRO

Canto á visita a Dodro, Gonzalo Caballero chamou á Xunta a ser “aliada” dos pequenos concellos e a “non esquecerse” da Galicia interior.

Por iso, pediu a Feijóo que atenda á xuntanza solicitada polo alcalde, Xabier Castro, para abordar as necesidades de Dodro relativas ao desenvolvemento industrial, ás melloras nos centros educativos e sanitarios, á atención aos sectores primarios e á reclamación de infraestruturas.

Pola súa banda, o rexedor agradeceu a visita de Gonzalo Caballero e o seu “apoio” para as necesidades dos concellos rurais e reclamou á Xunta “un esforzo inversor” que saque a Dodro do “esquecemento” e o converta “no que ten que ser”.

“No goberno local estamos dedicando o noso esforzo e enerxía a conseguir que os veciños de Dodro teñan os mesmos dereitos e servizos que os de vilas e cidades, e o imos acadar”, apostilou.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13