Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero, tras reunirse coa UXT, chama á Xunta a tomar medidas que “defendan os dereitos dos traballadores e que xeren emprego” na “lexislatura da protección da xente”

O líder do PSdeG advirte que “se a única decisión da Xunta é intervir as residencias cando hai máis de 150 contaxios, chega tarde” e urxe a Feijóo a “tomar medidas ou cambiar á conselleira de Política Social”

O secretario xeral esixe a Baltar que explique “que intereses económicos e urbanísticos” ten na cidade de Ourense e “que lle ofreceu” aos díscolos de DO e reclama a Feijóo que “corrixa este espectáculo”

Santiago, 9 de setembro de 2020. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, trasladou hoxe ao secretario xeral de UXT, José Antonio Gómez, que na lexislatura que ten que ser “a da protección da xente” é preciso que a Xunta poña en marcha medidas que “defendan os dereitos dos traballadores” e que “xeren emprego”, como vía para dar “oportunidades” aos galegos e ás galegas.

“Ademais de abrir a porta ao diálogo social, que é moi importante, hai que concretar ese discurso en medidas que beneficien aos traballadores e que xeren emprego”, subliñou Gonzalo Caballero trala xuntanza co dirixente da UXT, consciente das necesidades dos parados de longa duración e da xente que carece dun emprego, máxime tras 11 anos de recortes e inexecucións neste eido.

Nun escenario “incerto” por mor da crise derivada da covid, o líder do PSdeG incidiu en que cómpre tamén desenvolver políticas de formación e de fomento da actividade industrial en Galicia. Do mesmo xeito, recalcou a importancia de “defender ás mulleres e á xente nova”, por seren dous dos colectivos máis afectados nun contexto de dificultades económicas.

Do mesmo xeito, recordou que Feijóo prometeu en campaña unha oferta de emprego público para 15.000 persoas e sinalou que “se negou a ratificar ese compromiso” no debate de investidura. “É importante facer esa aposta para fortalecer a educación e a sanidade públicas, as políticas sociais…”, evidenciou, antes de recalcar que “é momento de apostar polo público”.

Pola súa banda, José Antonio Gómez apuntou que “o primeiro obxectivo” ten que ser “combater a emerxencia sanitaria, garantir un retorno ao traballo que sexa seguro e apostar por que a vida da cidadanía sexa o mellor posible”. Para iso, afondou, é importante que “os servizos públicos, aos que todos aplaudimos durante a pandemia, se vexan reforzados”.

Esta é, ao xuízo do líder da UXT, a liña de traballo que “ten que liderar a Xunta”. “Nós aceptamos o chamamento ao diálogo social porque son momentos de diálogo e de consensos e porque queremos mellorar os nosos sectores produtivos, as condicións de vida dos traballadores e que ninguén quede atrás na saída desta crise, como aconteceu na anterior”, finalizou.

“MOI PREOCUPADOS POLAS RESIDENCIAS”

Ademais, o líder do PSdeG fixo fincapé en que nas residencias de maiores hai cada día “máis contaxios” e situacións “altamente preocupantes”. “Non pode ser que, seis meses despois do inicio da pandemia, no centro de Domus Vi en Outeiro de Rei estean practicamente todos contaxiados”, evidenciou, toda vez que hai xa máis de 160 afectados por coronavirus.

Así, e ante os falecementos nos xeriátricos do Incio e de Culleredo, urxiu a Feijóo a que “tome decisións ou terá que cambiar tamén á conselleira de Política Social”.

“Se a única decisión da Xunta é intervir unha residencia con 150 contaxios, chega tarde”, remarcou Gonzalo Caballero, e reclamou “actuar xa” en todos os centros de maiores e persoas con diversidade funcional. Hai que tomar medidas, agregou, “fixando protocolos, fortalecendo o persoal e poñendo en marcha mecanismos de relación dos xeriátricos co Sergas”.

“O ESPECTÁCULO DE OURENSE”

En paralelo, a preguntas dos xornalistas sobre a situación de Ourense, Gonzalo Caballero reclamou a Feijóo que teña “a dignidade” de “explicar o que fixo colocando a Baltar na Deputación e a Jácome no Concello, e a corrixilo”.

“É unha lousa que ten sobre as súas costas”, remarcou, polo que esixiulle que “asuma os seus erros e tamén as súas responsabilidades” deixando gobernar ao partido que gañou as eleccións municipais en Ourense. “Houbo un acordo contra natura dos que dicían que Jácome era letal para a cidade cos que dicían que o PP era un partido de caciques”, recordou.

Como consecuencia dese pacto, incidiu o líder do PSdeG, temos “un espectáculo” en Ourense que “non ocorre en ningunha cidade de España” e que é “bochornoso”. “E Feijóo é o responsable, con Baltar e Jácome como cómplices, e a cidadanía padecendo algo que non merece”, resolveu.

Ademais, ante ese “abandono temporal” do goberno local que anunciou o PP, Gonzalo Caballero ironizou ao preguntarse se, “como namorados, están pelexados uns días pero van volver estar xuntos”.

Iso si, subliñou que “quen non pode seguir escondido é Baltar, o maior cacique de España e un especialista en transfuguismo”, como volveu amosar coas operacións que levou a cabo en Viana do Bolo e Castrelo do Miño. “É a man que mece a cuna en Ourense”, recalcou, antes de demandar que “explique que intereses urbanísticos e económicos” ten na cidade de Ourense e “que lle ofreceu” aos díscolos de DO.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18