Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero chama á Xunta a dedicar o 1% do seu orzamento ao sector cultural galego: “Hai que impulsar a reactivación económica, social e cultural de Galicia”

O secretario xeral visita a produtora audiovisual Vaca Films e censura a “inercia” da Xunta “que deixa orfa á sociedade galega á hora da reactivación”

O líder do PSdeG destaca que o goberno de España “cumpre coa Coruña”, como amosa a “rebaixa histórica” das peaxes da AP-9, o impulso da intermodal ou os avances no tren a Punta Langosteira

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, mantivo hoxe unha xuntanza coa presidenta da produtora audiovisual Vaca Films, Emma Lustres, para analizar a situación do sector en Galicia e as súas perspectivas de futuro no marco da evolución da pandemia.

O máximo dirixente do PSdeG propuxo “avanzar cara o 1% do gasto público” da Xunta no sector cultural galego, xa que “hai que impulsar tamén a recuperación cultural despois da crise máis profunda que endexamais vivimos”.

“O sector cultural séntese abandonado pola falla de acción e de compromiso do goberno galego durante a pandemia e tamén agora, cando hai que impulsar a reactivación”, subliñou Gonzalo Caballero.

REACTIVACIÓN ECONÓMICA E SOCIAL

Nesa liña, o responsable socialista criticou a “inercia” do goberno da Xunta, “que deixa orfa á sociedade galega á hora da reactivación” en eidos como a cultura, a sanidade, o emprego ou os servizos públicos.

Ao fío disto, incidiu en que Galicia se atopa “á cola de España” en servizos públicos, sendo a 13ª entre as 17 comunidades autónomas no desenvolvemento dos mesmos. “Temos menos traballadores en servizos sociais que noutras comunidades e menos gasto por habitante, malia ter unha poboación máis envellecida”, denunciou.

“O PP quere converter a sanidade pública nun call center”, censurou Gonzalo Caballero, e exemplificou a “falla de compromiso” do goberno galego con respecto á sanidade en que hoxe “hai que agardar 18 días máis para unha operación cirúrxica ou oito días máis para ser atendido por un especialista” con respecto ás esperas previas á pandemia.

Tanto é así, recalcou, que o propio conselleiro de Sanidade xa confirmou que “haberá que agardar dous anos para recuperar a situación da sanidade pública previa á pandemia”.

No eido económico, continuou o secretario xeral do PSdeG, “necesitamos que a Xunta faga unha aposta clara por xerar emprego” despois de que o primeiro trimestre de 2021 amosase que “Galicia tivo o maior incremento de desemprego con respecto a calquera comunidade autónoma”. “Sabemos que non hai reactivación sen emprego”, advertiu.

A XUNTA DEBE “DESPREGAR TODAS AS SÚAS CAPACIDADES”

Por todo isto, instou á Xunta a “despregar todas as capacidades que ten” nun ano no que “recibiu máis de 1.200 millóns de euros extraordinarios” procedentes do goberno de España e que “non os gasta” porque “está facendo caixa”.

Ademais, lembrou que as arcas autonómicas recibiron 234 millóns de euros hai dúas semanas para pemes e autónomos, polo que urxiu á Xunta a que “as poña en mans das familias”. “O presidente da Xunta ten que deixar de ser unha carga e un obstáculo para a reactivación e converterse nun impulsor”, concluíu Gonzalo Caballero.

“GOBERNANDO CON AVANCES E XESTIÓN”

Fronte a este xeito de actuar, o líder do PSdeG enxalzou o papel do Partido Socialista na medida en que “estamos gobernando con avances e cunha gran xestión” tanto dende o goberno de España como dende os gobernos municipais, que desenvolven “unha política de proximidade que complementa a un goberno do estado comprometido con Galicia”.

No que atinxe á Coruña, Gonzalo Caballero destacou o “magnífico” traballo que está levando adiante o goberno municipal. “Fronte á ausencia da Xunta de Galicia, aos cidadáns quédanlles o escudo protector progresista do goberno de España e as políticas de proximidade que facemos dende as administracións locais”, sinalou.

En concreto, subliñou a súa “satisfacción” logo de “ter traballado moito” co ministro de Transportes, José Luis Ábalos, dende a súa chegada ao ministerio en cuestións como a “rebaixa histórica” das peaxes da AP-9, o impulso da estación intermodal ou os avances na conexión ferroviaria de Punta Langosteira. “O goberno cumpre coas cidades galegas e nomeadamente coa Coruña”, finalizou.

O “MAGNÍFICO” TRABALLO DE VACA FILMS

Finalmente, o máximo dirixente das e dos socialistas galegos puxo en valor o traballo levado a cabo por parte da produtora Vaca Films e da súa directora, Emma Lustres, xa que son unha “referencia no sector audiovisual e cultural” que pon “no mundo” produtos audiovisuais “dende Galicia”.

“Todo este traballo serve para demostrar que en Galicia hai unha gran capacidade para facer cultura e audiovisual, como amosa Vaca Films”, engadiu, logo de visitar a empresa xunto co vicesecretario xeral do PSdeG, Pablo Arangüena; o concelleiro de educación, industria, innovación, emprego e memoria histórica da Coruña, Jesús Celemín; e a secretaria local do PSdeG na Coruña, Eva Martínez Acón.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13