Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero chama a “revisar” o modelo de residencias de maiores en Galicia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, chamou hoxe a facer “unha revisión clara” do modelo de residencias en Galicia, toda vez que a chegada do PP á Xunta supuxo unha “aposta importante pola privatización” dos centros, e á vista de que “algo falla” cando os seus usuarios son a metade dos falecidos en Galicia por coronavirus.

“Os problemas estruturais afloran en circunstancias críticas”, sinalou Gonzalo Caballero, posto que a situación está amosando os “defectos” no número de persoas que traballan nas residencias de maiores e de persoas con discapacidade e no “incumprimento” dos protocolos fixados polas administracións.

Xunto con estas cuestións, que xa ten amosado no pasado o Consello de Contas nos seus informes, o líder dos socialistas galegos puxo o foco tamén en que as medidas tomadas pola Xunta de Galicia no marco desta pandemia para conter os contaxios nas residencias tampouco resultaron “efectivas”.

E é que, como explicou Gonzalo Caballero, Galicia está comezando a ver un “freo” no ritmo de contaxios, consecuencia da chegada máis tardía do virus á nosa comunidade e do efecto das medidas de confinamento decretadas polo goberno de España, pero esa baixada no ritmo de contaxios non resta gravidade ao que ocorre nas residencias.

“Onde a Xunta ten plenas competencias é onde temos os peores escenarios”, evidenciou o máximo dirixente do PSdeG, quen chamou a “extremar as medidas de protección” porque os seus usuarios son “persoas vulnerables” que, en moitos casos, non teñen capacidade para protexerse por si mesmas.

Neste punto, Gonzalo Caballero preguntouse por que a Xunta non intervén a residencia de maiores de San Lázaro en Santiago, a que rexistra os peores datos de falecementos; e reclamou máis medidas no centro xa intervido de Barreiro en Vigo, onde onte mesmo se rexistraba un novo repunte no número de contaxios. Igualmente, recordou os contaxios xurdidos na residencia habilitada para maiores sans en Nigrán.

COMPARECENCIA DE FEIJÓO

Ao fío da situación dos centros de maiores, o líder do PSdeG requiriu unha vez máis a Feijóo que compareza na Cámara para informar ao respecto. “Ten que informar do que ocorre, explicar as causas das demandas de familiares ante a Fiscalía, indicar que atopou a unidade militar cando entrou para facer labores de limpeza e protección…”, sinalou, crítico coa “nebulosa informativa” que a Xunta esta poñendo neste asunto.

De feito, Gonzalo Caballero indicou que así llo trasladou onte mesmo a Feijóo nunha xuntanza por vía telemática, que “ten que comparecer regularmente no Parlamento”. E nun escenario no que a Cámara está disolta por mor do aprazamento electoral, afondou, “cada semana que non acode a render contas, Feijóo está incumprindo o seu deber de respectar as garantías parlamentarias”.

“Aprazando as eleccións, démoslle un cheque ao goberno galego para actuar fronte á pandemia, pero non é un cheque en branco nin unha abdicación das nosas responsabilidades, nin unha vía para que Feijóo poida actuar sen dar contas”, remarcou o dirixente socialista, quen comparou a única comparecencia de Feijóo coas tres veces que o presidente do goberno de España compareceu no Congreso.

“Feijóo ten que falar das residencias de maiores, explicar que medidas tomou de reforzo do sistema sanitario e que accións vai poñer para apoiar aos autónomos, ás pemes e aos traballadores”, agregou Gonzalo Caballero, quen recordou que dende o principio da pandemia “a vontade de cooperación” amosada polo PSdeG co goberno galego foi “moi ampla”.

MEDIDAS DO GOBERNO DE ESPAÑA

Neste senso, recordou que o PSdeG xa pediu aumentar o persoal para o Sergas e facer a contratación estable dos traballadores sanitarios, incrementar o persoal nos servizos sociais, dispoñer axudas directas para os autónomos e os pequenos empresarios e que a Xunta “non o fixo”.

É por iso que incidiu en que “Feijóo ten que comparecer para falar da súa responsabilidade e non para seguir coa estratexia de confrontación co goberno de España, que si está tomando medidas de moito calado”, cun plan que mobiliza fondos por valor do 20% do PIB do país.

Ademais, destacou que o goberno de España enviou a Galicia 110.000 tests rápidos que onte mesmo Feijóo recoñeceu que funcionaban “axeitadamente” para detectar anticorpos. Por tanto, chamoulle a “ser leal” co executivo e a “estar á altura das circunstancias”, axilizando a utilización destas probas.

DESAFIUZAMENTOS

Finalmente, o líder do PSdeG rexeitou as verbas da conselleira de Vivenda nunha misiva remitida ao ministerio do ramo para criticar que o goberno decretase a suspensión dos desafiuzamentos á poboación máis vulnerable durante esta crise.

“Amosa insensibilidade e falta de empatía”, reprobou, e esixiu a Feijóo que “rectifique”. “Nós respectamos a propiedade privada, pero o prioritario é defender á poboación máis vulnerable”, finalizou Gonzalo Caballero.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13