Categorías: #12XSecretaría Xeral

Gonzalo Caballero chama a “poñer a sexta marcha para conseguir un cambio na Xunta que abra as fiestras para que entre o aire fresco da rexeneración, da ética e da dignidade políticas”

José Luis Ábalos compara os “valores” de Gonzalo Caballero cun Feijóo que pasou “de echarle la responsabilidad al gobierno a echársela a los alcaldes, pero él no tiene ninguna, sólo se dedica a comentar”

O candidatos socialista á presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, chamou hoxe en Ourense a “poñer a sexta marcha para facer o sprint final e conseguir o domingo o cambio de goberno” que “abra as fiestras para que entre o aire fresco da rexeneración, da ética e da dignidade políticas”. Así o dixo nun mitin na Cidade das Burgas acompañado polo secretario de Organización do PSOE e ministro de Mobilidade, José Luis ábalos.

Caballero sinalou que “Galicia necesita cambio” para “saír da crise pola esquerda, protexendo aos que máis dificultades teñen para que ninguén quede na cuneta”. Alertou fronte á “dereita que quere facernos sentir que somos menos, que está todo feito” pero, engadiu, “por un voto decídese un goberno, decídese se Galicia avanza ou retrocede, porque non é o mesmo cando goberna a dereita que a esquerda”.

O candidato socialista desgranou as principais propostas de goberno para fortalecer o Estado do Benestar e defender os servizos públicos, sinaladamente a sanidade, a educación ou a atención aos maiores. Salientou a importancia das políticas progresistas que defenden “o público para o esencial fronte a quen defende o privado para todo, os dogmas neoliberais das privatizacións e dos recortes”.

Comparou a xestión da crise de 2009 por un P que se centrou nos “recortes na sanidade, a privatización das residencias, a desaparición da política industrial, o abandono do rural, máis desigualdade e menos dereitos”. Chamou a defender pola contra “o ADN do PSOE, que en 140 anos de historia sempre buscou a oportunidade de transformar o país alá onde atopaba as situacións de máis desigualdade”.

Caballero reivindicou a súa proposta política “dende o galeguismo e o reformismo do socialismo democrático” como “receita para evitar os grandes riscos da crise económica que estamos evitando que se converta nunha crise social”.

Presentouse fronte a un Feijóo que “xa non aporta solucións a ningún dos problemas importantes, senón que se converteu en parte do problema do noso país”. Pediu o apoio “para desatascar o control da dereita e abrir as fiestras á ilusión, ás forzas, a recuperar o sorriso que nos une aos galegos e galegas na defensa da sanidade e a educación públicas, que lles da dignidade aos maiores e oportundiades aos mozos”.

Gonzalo Caballero presentou un proxecto de “Galicia emprendedora, dinámica, vangardista, capaz de xerar un país punteiro” fronte a un PP que ten demostrado en Ourense o peor da súa “proposta política caciquil, que ten colocado á alcaldía da cidade na súa páxina máis nefasta” situando a Jácome como alcalde logo de cualificalo de “letal” para Ourense a cambio da presidencia da Deputación para Baltar.

Infraestruturas

O candidato socialista fixo especial fincapé na proposta de infraestruturas para Ourense, e diante de Ábalos reclamou apoio para adaptar o modelo da Estación Intermodal á cidade e cambiar de localización á Estación de Autobuses para adaptar un proxecto “que non exclúa”. Ábalos recolleu o guante e dixo “has lanzado un desafío y te lo acepto porque vamos a hacerlo con lealtad para hacer lo mejor para Ourense”.

O ministro de Mobilidade contrastou o proxecto do PP centrado en “desgastar al otro”, co “futuro del Galicia, que pasa por la ambición de Gonzalo, que tiene los valores de regeneración democrática que representa el PSOE”. Sinalou as “ganas de comerse el mundo, la ambición, el hambre de cambiar las cosas, de atender a las necesidades de Galicia no como un atajo ni una estación de espera”.

Criticou deste xeito a posición dun Feijóo “siempre dispuesto a ocultarse”, que estivo durante toda a etapa do confinamento “saliendo a comentar las decisiones del gobierno sin asumir ninguna responsabilidad” cando sempre mantiveron as competencias en sanidade para pasar agora “de echarle la responsabilidad al gobierno a echársela a los alcaldes, pero él no tiene ninguna, sólo se dedica a comentar”.

Cualificou de “exquisito” ao presidente da Xunta, que “lo cuestiona todo, hasta a los suyos”, cando quita as siglas do PP da súa campaña ou se dedica a cuestionar as posicións de Casado, pero que, dixo “yo a los diputados gallegos en Madrid no los distingo de Vox, ¿es que no mandas en los diputados gallegos?” preguntoulle.

Animou a votar para decidir o cambio de goberno o próximo domingo porque “no basta con darle una prórroga a Feijóo para que siga viviendo de los comentarios y de la equidistancia, porque no está pensando en Galicia, está pensando en que Casado se estrelle definitivamente, por eso necesita estar un poco más en Galicia”.

A cabeza de lista por Ourense, Marina Ortega, coincidiu nas críticas a un Feijóo que se demostrou “un presidente con dúas caras”, a do comentarista que atacaba ao goberno dende a TVG e o que agora “cambia de cara e desaparece ante o rebrote da Mariña, no que non hai protocolos, non hai medidas”.

O secretario provincial do PSdeG, Rafael Rodríguez Villarino, sinalou a Caballero como “o presidente da dignidade, o que nos vai dar honra, traballo e servizos públicos” e pediu o apoio “polas mulleres e por un futuro sen trabas nin parasitos”. Así o dixo logo de lembrar á figura do Porco de Pé de Vicente Risco como representación das políticas do PP na Deputación Provincial.

Dixo que “a fin do cacicato está próxima, e por iso están tatexando máis que nunca”, antes de lembrar que Feijóo apoiou á alcaldía para Jácome en Ourense, a quen denominara de “letal”, e “polo tanto é letal, e non queremos persoas letais para Ourense nin porcos de pé que nos gobernen”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04