Categorías: Eleccións 10NSecretaría XeralUncategorized

Gonzalo Caballero chama á “mobilización masiva para encher as urnas de votos socialistas” fronte a un Pablo Casado “orientado pola ultradereita”

O secretario xeral do PSdeG advirte dunha dereita “manexada dende a sombra por Aznar e dende fóra do PP por Abascal e Vox”

A ministra de Economía destaca que o AVE a Galicia ten agora “unha inversión muy superior” á que tiña con Rajoy e garante que non haberá retrasos “por falta de diligencia del gobierno”

Lugo, 1 de novembro de 2019. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, visitou hoxe, no primeiro día de campaña, a cidade de Lugo en compañía da ministra de Economía, Nadia Calviño; a alcaldesa, Lara Méndez; e o presidente da Deputación, José Tomé. Dende alí, apelou a “unha mobilización masiva para encher as urnas de votos” e sinalou a “todos os progresistas de Galicia” que “o voto útil para seguir progresando é o voto ao PSOE”.

“É o voto que frea ás dereitas e á ultradereita, o voto que garante a suba das pensións, a suba dos salarios dos traballadores públicos, a suba do salario mínimo e os fondos para os servizos públicos, o voto que defende a igualdade de dereitos entre homes e mulleres”, remarcou o líder dos socialistas galegos, quen contrastou esta posición coa do PP de Casado, que “representa a incompetencia e a incapacidade”.

“Representa un programa retrógrado e conservador e representa unha estratexia política que está orientada, no plano ideolóxico, pola ultradereita e pola dereita máis rancia”, aseverou Gonzalo Caballero, quen fixo fincapé en que “o voto que lle interesa a Galicia é o voto ao PSOE” e non a “unha dereita que está manexada dende a sombra por Aznar e dende fóra do PP por Abascal e por Vox”.

De feito, o máximo dirixente do PSdeG advertiu de que “o voto ao PP é un voto que pon en risco o estado do benestar, o estado das autonomías, os avances na igualdade real entre homes e mulleres e a modernidade” á vista do seu “xiro ultraconservador” e de que sería “un monicreque” en mans de Abascal. “Non podemos levar un susto o 10 de novembro”, sinalou.

“FEIJÓO NON GOBERNA”

Dito isto, Gonzalo Caballero reclamou a Feijóo que “deixe de ser cómplice desa dereita rancia” e recoñeza que Casado non sería “un presidente solvente” porque “non ten proxecto económico nin de goberno para España”. É así que chamouno a deixar a estratexia de confrontación co presidente do goberno que elixiron a maioría dos galegos o pasado mes de abril.

Sobre todo, como sinalou o secretario xeral do PSdeG, porque “Feijóo non goberna Galicia” senón que se limita a “utilizar a Xunta para tentar confrontar co goberno que ten o apoio da maioría dos galegos e que beneficia aos intereses dos galegos”. Non en van, como recordou, máis dun millón de galegos viron “incrementar as súas pensións, as súas nóminas ou os seus salarios”.

Así mesmo, tras rexeitar as súas “mentiras” no relativo ao financiamento autonómico ou no referido ás cuestións industriais, á vista dos 42 millóns de euros que o último Consello de Ministros designou ás empresas electrointensivas galegas, Gonzalo Caballero censurou que agora Feijóo trate de poñer deberes ao goberno e de cuestionar a data de chegada do AVE. “Non haberá un segundo de retraso por responsabilidade do goberno”, concluíu.

Diso falou tamén a ministra de Economía, quen destacou os avances na chegada da alta velocidade ferroviaria a Galicia cunha “inversión muy superior a la que se había producido en los últimos años precisamente con el objetivo de cumplir ese plazo que nos hemos dado de empezar a hacer las pruebas en 2020”. “No queremos que ningún tipo de retraso se derive de la falta de diligencia del Gobierno”, apostilou.

COMPROMISO DO GOBERNO CON GALICIA

A continuación, a ministra de Economía, Nadia Calviño, reivindicou o “compromiso” do goberno socialista “con Galicia, con su industria, con su gente” e con “diseñar un futuro para toda la ciudadanía” a través dunha política económica que “combina la responsabilidad y la honestidad en la gestión de los recursos públicos con la sensibilidad social”.

“Esta es la política que nuestro país necesita, que es la que apoyan la inmensa mayoría de los ciudadanos españoles”, destacou Nadia Calviño, quen amosou a súa confianza en poder recibir o vindeiro 10 de novembro “un apoio masivo ao PSOE”. “Porque tenemos un proyecto coherente, de futuro y que piensa en el conjunto de la sociedad”, argumentou.

De feito, a titular de Economía chamou a aproveitar esta ocasión “para sentar las bases de un futuro mejor para nuestros hijos” cun goberno “forte, coherente, cohesionado, con visión de futuro e cunha axenda política e económica clara”. Engadiu que se trata, por tanto, de “dar continuidad” ao traballo iniciado hai 16 meses a favor de “toda la ciudadanía”.

“DAR ESTABILIDADE AO GOBERNO”

Pola súa banda, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, chamou a “revalidar a confianza” que demos o pasado 28 de abril a Pedro Sánchez para seguir traballando a prol “das persoas”. “Iso é que nos motiva para saír novamente á rúa para convencer aos veciños da importancia de dar estabilidade ao goberno”, destacou.

Ademais, en presenza da ministra de Economía, Lara Méndez chamou a “votar polo PSOE” o vindeiro 10 de novembro “pensando no futuro”. “Porque o goberno socialista colleu o timón nun momento complexo e deulle rumbo ao país”, concluíu a rexedora.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28