Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero chama a Feijóo a deixar “a estratexia do PP” e “aportar solucións” en vez de “entorpecer” na desescalada

O secretario xeral sinala que Feijóo leva máis dun mes sen comparecer no Parlamento: “Escapa da súa responsabilidade no que ocorre nas residencias”

Santiago, 30 de abril de 2020. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, valorou hoxe os plans para a desescalada presentados polo presidente do goberno, na medida en que se trata dun “proceso complexo” que se está levando a cabo de xeito “asimétrico” para ter en conta as particularidades dos distintos territorios. É por iso que, tras destacar que conta co aval dos expertos, instou a Feijóo a deixar “a estratexia do PP de Casado” e traballar para “aportar solucións”.

“Todas as administracións teñen que colaborar para perfilar o proceso”, recalcou Gonzalo Caballero, molesto coa “crítica gratuíta e facilona” enfocada a “entorpecer” o labor do goberno.

De feito, o líder dos socialistas galegos xulgou que esa estratexia “non é lexítima nin adecuada”, e lamentou os intentos da dereita, a ultradereita e algúns sectores do independentismo de “tentar utilizar a crise do covid” para obter aquilo que a cidadanía lle negou nas urnas hai apenas seis meses.

“Vox e o PP non poden manter esa estratexia de confrontación co obxectivo de derrocar ao goberno, esquecendo as responsabilidades que corresponden a calquera representante público, e aínda menos nesta situación”, advertiu Gonzalo Caballero, para apelar de novo á “responsabilidade” de Feijóo.

“Ten que deixar esa estratexia e colaborar para orientar a mellor saída posible ao confinamento”, remachou o máximo dirixente do PSdeG, ao tempo que recordou que Feijóo se atopa en situación de “interinidade” tralo aprazamento electoral.

“O cheque que lle demos non é un cheque en branco que el poida usar para o que quere”, recordou Gonzalo Caballero, e deixou claro que “non é para poñer á Xunta ao servizo dos intereses dun PP que non asume o resultado das eleccións” e “na liña de confrontación co goberno de España”. Ao fío disto, censurou determinados “ataques e descualificacións” dalgúns dirixentes do PP galego que parecen asumir as actitudes da ultradereita española.

SITUACIÓN DAS RESIDENCIAS DE MAIORES

Dito isto, o secretario xeral do PSdeG sinalou que a confrontación que Feijóo está mantendo co goberno de España evidencia que “está en clave electoral” e non actuando como un presidente que “está pensando nos intereses de Galicia”.

Só así se entende, profundou Gonzalo Caballero, o feito de que leve máis dun mes sen comparecer no Parlamento a pesares da súa promesa de acudir no mes de abril, que hoxe remata.

“Feijóo está escapando das súas responsabilidades no que ocorre nas residencias”, recalcou, consciente de que o impacto “máis grave” do coronavirus en Galicia foi nos centros de maiores, un ámbito da enteira competencia da Xunta.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04