Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero chama a facer “unha fronte común” ante a “chantaxe” de Alcoa: “Hai que rexeitar o ERE e impedir que paren as cubas”

O líder do PSdeG advirte que o ERE “non ten validez” trala constatación de que a multinacional “actuou de mala fe” e insta a “intervir para imposibilitar o peche” da planta de San Cibrao

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, chamou hoxe á Xunta e ao Goberno de España a facer “unha fronte común” ante a “chantaxe” de Alcoa ao anunciar a aplicación do despido colectivo.

A Xunta, como recordou Gonzalo Caballero, é a autoridade laboral, e correspóndelle agora “rexeitar o ERE” presentado pola multinacional tras constatar que “actuou de mala fe” segundo a lexislación mercantil.

“Hai que manter a actividade das cubas”, recalcou o líder do PSdeG ante a decisión de Alcoa de paralizar a produción en San Cibrao no canto de formalizar a venda da planta ao inversor atopado polo goberno de España, o grupo Liberty House.

Neste escenario, Gonzalo Caballero incidiu en que “hai que intervir para imposibilitar o peche” de Alcoa San Cibrao, consciente de que se trata dunha factoría “fundamental” para o emprego na Mariña de Lugo.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18