Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero apela ao compromiso conxunto para defender o emprego en Alcoa: “Temos que manter a presión para que venda a planta de San Cibrao a un inversor fiable”

O secretario xeral do PSdeG comprométese a “seguir remando” para que goberno, Xunta e SEPI impulsen unha solución “da man dos traballadores”

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, acudiu hoxe ata Cervo na compañía de alcaldes e voceiros municipais socialistas na Mariña para manter unha xuntanza co comité de empresa de Alcoa San Cibrao.

“Temos que manter a alianza entre as diferentes administracións e os traballadores, e non baixar a garda, para acadar unha solución industrial e manter a produción de aluminio e o emprego”, sinalou o líder do PSdeG, quen incidiu en que o sector do aluminio primario “é estratéxico para o futuro do país”.

Neste sentido, apelou a “manter a cooperación e a colaboración para que o avanzado non se perda” e instou a “manter a presión sobre a empresa entre axentes políticos e institucións” para acadar a venta da planta mariñá. “Temos que seguir avanzando da man dos traballadores, temos que seguir presionando”, remarcou.

Así, malia que “Alcoa quería pechar a planta e imposibilitar un futuro para a mesma”, destacou Gonzalo Caballero, quen resaltou que, nunha primeira etapa, “gañámoslle un pulso á multinacional a través dun proceso xudicial e conseguimos que a SEPI estea aberta a intervir para facilitar a venta”. “Temos que apostar polo mellor inversor e proxecto que poida dar futuro á planta”, subliñou.

De feito, Gonzalo Caballero lembrou que este proceso xudicial aberto “impide que hoxe Alcoa poida pechar a planta”, o que supuxo “un avance que se fixo da man dos traballadores e do goberno de España”, pero o máis importante é acadar unha solución definitiva.

Con todo, o líder das e dos socialistas galegos trasladou aos traballadores “o meu compromiso para seguir remando e traballando xunto ás administracións na busca dunha solución que ten que chegar o máis pronto posible”.

“Preocúpame moito a situación de inquedanza na que viven os traballadores”, sinalou Gonzalo Caballero, por iso, “dende o PSdeG comprometémonos a traballar da man dos traballadores de Alcoa nunha saída na que consigamos, coa intervención da SEPI, un inversor fiable” cun proxecto que dea “futuro, viabilidade e manteña o emprego”.

JOSÉ ANTONIO ZAN

Pola súa banda, o presidente do comité de empresa de Alcoa, José Antonio Zan, agradeceu a visita á fábrica do líder das e dos socialistas galegos, a quen lle expresou tanto a problemática como a situación de preocupación que están a vivir os traballadores.

“Necesitamos unha empresa industrial cun proxecto enerxético potente que non dea problemas nos próximos 10 anos”, explicou Zan, quen apuntou que contar coa SEPI na negociación ofrece “garantías” tanto aos traballadores como ao futuro empresarial.

Na xuntanza co comité de empresa, ademais de Gonzalo Caballero, participaron os alcaldes e alcaldesas de Viveiro, Burela, Foz, Trabada, A Pontenova e Alfoz, así como os voceiros socialistas da comarca da Mariña, o secretario de Organización do PSdeG, José Antonio Quiroga, a secretaria provincial do PSdeG en Lugo, Patricia Otero, e o voceiro de Industria do Grupo Socialista no Parlamento de Galicia, Martín Seco.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38

Paloma Castro acusa á Xunta de “retroceder máis de 20 anos” nas política de Igualdade por seguir as teses da extrema dereita

Censura a devaluación da antiga Secretaría Xeral de Igualdade no novo goberno e alerta de que a reintegración do concelleiro…

15/05/2024 14:05

Besteiro esíxelle a Rueda “valentía” para atender ás demandas de transparencia formuladas pola Valedora e o Consello de Contas

Repróchalle ao presidente da Xunta que o PP se descolgara onte dun acordo parlamentario para pedir a continuidade das bonificacións…

15/05/2024 11:56

O Parlamento aproba a proposta socialista para instar á Xunta a promover políticas que impulsen a incorporación da muller ao traballo de calidade

Carmen Rodríguez Dacosta criticou que o PP, cando chegou ao Goberno no 2009, “eliminou todas as políticas de igualdade no…

14/05/2024 20:09

O PP vota no Parlamento en contra das bonificacións ás peaxes

Carlos López Font presenta no Parlamento como emenda o acordo de investidura coa proposta “sensata e coherente” para ir cara…

14/05/2024 19:35

O Parlamento aproba unha proposta socialista para reclamarlle ao PP que levante o bloqueo á renovación do CXPX

Paloma Castro denuncia a “utilización política” con Consello Xeral do Poder Xudicial por parte do PP e reclámalles que cumpran…

14/05/2024 19:23