Categorías: Actualidade

Leticia Gallego evidencia que Feijóo “non quere facer o IES de Navia”

A parlamentaria socialista Leticia Gallego lamento hoxe que “Feijóo non quere facer o instituto de Navia”. Así concluíu logo de que o PP votara en contra dunha proposición non de Lei en Comisión parlamentaria para urxir ao goberno galego a desbloquear orzamento e permitir a sinatura dun protocolo co Concello de Vigo para a construción e posta en servizo do centro.

A responsable socialista lembrou que o Concello de Vigo tenlle ofrecido un convenio de colaboración a Xunta, ademais de ter posto a disposición dun terreo de máis de 12.000 metros cadrados. Cualificou de “escándalo” e “vergoña” a “ausencia de compromiso claro por parte da Xunta de Galicia”, que segue sen responderlle ao goberno local logo de un ano e dous meses e demostrando que “como sempre a Xunta pon paus nas rodas a todo o que teña que ver con Vigo”.

Lembra que o proxecto “foi ao pleno municipal dúas veces, enviouse unha carta e un protocolo de actuación para poñer os terreos a disposición da Xunta de Galicia”, o que “demostra que o Concello pon toda a cooperación mentres o goberno galego mira para outro lado”. Explicou que o goberno local “quere asinar un protocolo coa Xunta para ter o compromiso da construción, que que non pase como noutro casos, que o goberno expropia e a Xunta decide outra cousa”.

Acusou ao PP de ter abandonado ao Concello agora negándolle un instituto que é “unha demanda de toda a comunidade educativa da cidade, principalmente da veciñanza de Navia”. Esixiulle a Feijóo que “escoite á cidadanía, que non pode seguir agardando” por un Executivo que “prefire que os rapaces e rapazas teñan que desprazarse 10 quilómetros ata o instituto de Valadares”.

Lembrou que o Concello “recolleu estas demandas da cidadanía e presentou ademais unha alegación ao plan parcial, demandando o compromiso da Xunta coa construción”. Os socialistas, dixo, presentaron hoxe esta proposta Lamentou que o Concello teña recibido a reposta negativa do IGVS, a ausencia de compromiso da Consellería de Educación e a negativa do presidente da Xunta a asinar o convenio que comprometa a execución do novo instituto.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Nicolás González Casares reivindica o reforzo de Galicia na rede transeuropea de transportes e aplaude o investimento de 4.500 millóns de euros para o corredor atlántico

O candidato do PSdeG ao Parlamento Europeo sinala que “demostramos que o noso obxectivo é facer Europa dende Galicia e…

18/05/2024 11:38

Nicolás González Casares esíxelle a Xunta e PP que se sumen ao consenso na defensa do galego: “se o PP quere, o galego será lingua oficial en Europa en cuestión de meses”

Participa na manifestación na defensa da lingua celebrada en Compostela   O candidato socialista ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares,…

17/05/2024 14:16

Besteiro, na homenaxe a Luísa Villalta: “A defensa da nosa lingua é hoxe máis necesaria que nunca”

O secretario xeral do PSdeG lembra que os socialistas adiantaron no Parlamento o 11 de abril un gran pacto polo…

17/05/2024 13:31

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27