Categorías: Actualidade

Gonzalo Caballero anuncia unha axenda de traballo “a pé de país” para presentar a alternativa socialista “comarca a comarca”

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, presidiu unha xuntanza da Executiva do partido na que perfilaron unha “axenda de traballo intensa para presentar un proxecto galego e galeguista dende a esquerda”. Os socialistas galegos, explicou, iniciarán unha folla de ruta “a pé de país” con xuntanzas itinerantes da dirección dirixidas a intensificar a súa presenza nos principais concellos e comarcas.

A partir do mes de xaneiro, e co horizonte das próximas eleccións municipais, o líder dos socialistas galegos visitará tódalas comarcas e os principais concellos galegos para “intensificar o contacto coa cidadanía” e “percorrer o país dende abaixo”. Así o explicou logo dunha xuntanza na que asignaron as secretarías executivas ás diversas áreas de traballo para asumir novas tarefas dentro da organización.

Explicou que os socialistas galegos están a desenvolver unha axenda a curto, medio e longo prazo “sen presa pero sen pausa” dirixida a recuperar o apoio electoral e situarse “enfronte e como alternativa ao PP”.

Xornadas

Gonzalo Caballero anunciou ademais a xornada de traballo que terá lugar o próximo venres organizada en colaboración co Grupo Parlamentario na que, desta volta, os socialistas galegos convocarán un “debate de ideas” para acadar un novo modelo de financiamento autonómico que responda ás necesidades e particularidades do país.

Logo do encontro celebrado hai dúas semanas, no que fixeron unha análise da catástrofe do Prestige con motivo dos 15 anos do accidente, desta volta perfilarán unha proposta de modelo de financiamento suficiente, xusto e solidario para Galicia.

O líder dos socialistas galegos adiantou o calendario previsto para celebrar unha serie de xornadas de traballo nas próximas datas, nas que tratarán asuntos como o cambio climático, as políticas forestais ou a xestión do medio rural.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08