Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero amosa o seu “compromiso” con Castro Caldelas, un dos Pobos Máis Bonitos de España

O secretario xeral mantén unha xuntanza de traballo coa alcaldesa para abordar as necesidades do concello no plano dos servizos sociais e do desenvolvemento económico

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, visitou hoxe Castro Caldelas para abordar coa alcaldesa, Sara Inés Vega, as necesidades dun municipio que forma parte da rede dos Pobos Máis Bonitos de España.

Ao termo, Gonzalo Caballero amosou o seu “compromiso” con esta vila e sinalou que a Xunta ten que actuar no plano dos servizos sociais e do desenvolvemento económico.

Así, urxiu o acondicionamento do centro de saúde, así como a posta en marcha dun plan de mellora dos camiños complementaria á concentración parcelaria e avanzar no estudio do proxecto termal.

Ademais, o líder do PSdeG incidiu na necesidade de levar adiante o proxecto de eficiencia enerxética e o estudo da reforma do tráfico na vila, e avanzou iniciativas parlamentarias para apoiar o desenvolvemento de Castro Caldelas.

Nesta xuntanza tamén participaron o secretario provincial do PSOE de Ourense, Rafael Rodríguez Villarino, e do deputado ourensán Juan Carlos Francisco.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18