Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero amosa as deputacións socialistas como “a antesala do goberno de progreso para Galicia” tras “rachar coa hexemonía política do PP”

O secretario xeral sinala “catro eixos de referencia para a Galicia do futuro”: rexeneración política, aposta polos servizos públicos e políticas sociais, compromiso co desenvolvemento sostible e feminismo

Santiago, 1 de setembro de 2019. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, abriu hoxe o curso político coa celebración dunha xuntanza de traballo con Carmela Silva, Valentín González Formoso e José Tomé, os tres presidentes socialistas das Deputacións de Pontevedra, A Coruña e Lugo, respectivamente.

Ao termo deste encontro, Gonzalo Caballero destacou que “os e as socialistas sabemos gobernar e somos garantía de progreso, modernización e avance social” e, tras “rachar coa hexemonía política do PP en Galicia” nas recentes citas coas urnas, amosou estes gobernos provincias como “a antesala do goberno de progreso para Galicia” que liderará o PSdeG.

“Fomos a primeira forza nas eleccións xerais e nas europeas, e acadamos tamén uns resultados históricos nas municipais, liderando a posibilidade do cambio para Galicia”, resaltou o líder dos socialistas galegos, quen destacou os 1.181 concelleiros obtidos nas urnas e o goberno de cinco das sete cidades e de tres das catro deputacións.

Así é que Gonzalo Caballero chamou a “iniciar un novo tempo político en Galicia co impulso das forzas de progreso lideradas polo PSdeG, que representa a capacidade de construír unha Galicia nova, máis dinámica e máis igualitaria, e de gobernar para a maioría”. Todo iso, fundamentado en “catro bases que marcan a nosa tarefa” e que son tamén “os catro eixos de referencia para a Galicia do futuro”.

Deste xeito, o candidato socialista á Presidencia da Xunta concretou a aposta do PSdeG pola rexeneración política, o impulso dos servizos públicos, o compromiso co desenvolvemento sostible e a bandeira da igualdade entre homes e mulleres. “Unha nova forma de gobernar”, resumiu.

“EIXOS DE REFERENCIA”

No que atinxe ao detalle deses catro eixos de referencia, o máximo dirixente socialista contrastou os plans únicos das deputacións socialistas, polos cales os fondos “repártense con criterios obxectivos entre todos os concellos”, co “amiguismo” e a “discrecionalidade perversa” que caracterizan a acción de goberno do PP.

As políticas sociais e o compromiso cos servizos públicos, como sinalou Gonzalo Caballero,  son fundamentais para combater “a desigualdade crecente” e para dar “as mesmas posibilidades” a toda a cidadanía con independencia de que viva nunha das cidades ou nun pequeno concello. Sobre todo, incidiu, á vista de que “a Xunta non cumpre en plenitude coas súas competencias” e de que estas teñen que ser suplidas polos gobernos socialistas en concellos e deputacións.

En canto á defensa da igualdade, o secretario xeral do PSdeG chamou a “eliminar as fendas existentes” e a que as mulleres “teñan o papel que lles corresponde” nos distintos eidos. Fronte a isto, lamentou os “retrocesos” que implican as políticas do PP e que se aprecian nas institucións que goberna.

Finalmente, a aposta por un desenvolvemento sostible que compatibilice “o crecemento e a creación de emprego” co “respecto polo medio e os recursos naturais”, ten que xogar “un papel importante” na construción da Galicia do futuro, en palabras de Gonzalo Caballero. Fronte a este compromiso dos e das socialistas con este modelo de avance, como evidenciou, aparece a “inacción” de Feijóo, que “suspende” tamén nesta materia.

“FRACASO” DE FEIJÓO

“En 10 años á fronte da Xunta, Feijóo foi incapaz de tratar ás persoas e aos territorios en pé de igualdade, non impulsou as cidades nin avanzou no desenvolvemento do medio rural”, reprobou Gonzalo Caballero, quen garantiu que cando sexa presidente da Xunta “haberá un compromiso claro co equilibrio territorial”.

“Sabemos que Feijóo fracasou e que non cumpriu o que prometía”, engadiu o líder do PSdeG, crítico tamén coa “discrecionalidade” coa que utiliza os fondos da Xunta, co seu “abandono” dos servizos públicos e coa súa renuncia a traballar plenamente pola igualdade de mulleres e homes.

E, como mostra, apuntou que este tipo de políticas non se desenvolven adecuadamente de Ourense, onde “un pacto contranatura” do PP con Jácome impediu cumprir a vontade da maioría dos veciños de “dar o relevo” nunha institución provincial que acumula xa “décadas de historia de caciquismo”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18