Categorías: ActualidadeActualidade do partido

Gonzalo Caballero acusa á dereita de “desfacer” a hucha das pensións e de “destrozar” a sanidade pública

O secretario xeral do PSdeG fixa unha senda de “prioridade social” para “defender o que interesa á cidadanía”

Vigo, 23 de febreiro de 2018. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, participou este venres en Vigo nunha xornada de traballo sobre pensións en compañía do secretario de Política Económica e Emprego do PSOE, Manuel Escudero, así coma outros dirixentes do partido e os responsables comarcais de UGT e CC.OO.

Antes do inicio, o líder dos socialistas galegos denun  ciou ante os medios de comunicación que o PP a nivel estatal ten “roto” o Pacto de Toledo, renunciou a actualizar as pensións segundo o coste da vida e ten “desfeito” a hucha das pensións. Do mesmo xeito, dixo, a dereita en Galicia está “destrozando” a sanidade pública a través de recortes e privatización.

En contraposición con esa estratexia dos populares, Gonzalo Caballero explicou que o PSOE está poñendo en marcha una campaña que é a “precursora” das mobilizacións que se están dando a nivel de todo o Estado “para falar da necesidade dunhas pensións dignas”. Máxime, engadiu, en Galicia, onde as pensións están “por debaixo da media” de España.

“Fronte á dereita de Feijóo e de Rajoy, que están destrozando a sanidade pública e o sistema de pensións públicas, nós estamos liderando unha axenda de prioridade social, para defender o que lle interesa á cidadanía”, recalcou o líder do PSdeG, quen hoxe mesmo estará tamén en Pontevedra nunha asemblea aberta sobre pensións.

“PROBLEMA SERIO”

Pola súa banda, Manuel Escudero remarcou que os pensionistas que están protestando nas rúas teñen “todo el apoyo” do PSOE tras sinalar que o “problema serio” que supón o “burato” de 18.000 millóns de euros na Seguridade Social “tiene solución”.

Pasa, segundo detallou, por “complementar las cotizaciones con impuestos”. “No estamos inventando la rueda: es lo que se hace en Francia, Alemania o Italia”, incidiu o dirixente socialista, para quen o sistema de pensións público é “una joya”. “Y se puede mantener con la fórmula que proponemos”, apostilou.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06