Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero: “A mellor forma de solucionar os problemas da sanidade é retirar a Feijóo”

O secretario xeral sinala que as declaracións de Suárez Illana sobre o aborto son “o reflexo de como o PP de Pablo Casado está sen rumbo”

Santiago, 30 de marzo de 2019. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, interveu hoxe ante o Comité Nacional, cando falta apenas un mes para a celebración das eleccións xerais, para facer unha chamada á mobilización a prol dun goberno de “avance, progreso e prioridade social”  e que free a unha dereita que “abandonou a posibilidade de construír un proxecto no que todos poidamos caber”.

Esa viraxe do PP “cara a ultradereita” e o seu “abandono da moderación e da centralidade política” quedou en evidencia esta mesma semana coas declaracións de Suárez Illana sobre a interrupción voluntaria do aborto, que comparou co “asasinato de nenos na etapa neandertal”. “É o reflexo de como o PP de Pablo Casado está sen rumbo”, recalcou Gonzalo Caballero.

Confrontou o líder do PSdeG esta estratexia do PP coas 110 medidas presentadas polo presidente do goberno para facer “unha España competitiva e sustentable”, para apostar pola “xustiza social” e frear a “desigualdade”, para impulsar “a igualdade real entre homes e mulleres”, para combater a pobreza infantil cun ingreso mínimo vital e para garantir a revalorización das pensións, entre outras medidas.

“Este proxecto énchenos de orgullo, porque está pensado para a maioría”, destacou Gonzalo Caballero, quen pediu aos militantes e simpatizantes socialistas que percorran “cada recuncho do país” para advertir de que “ninguén pode quedar na casa” ou permanecer “de perfil” nesta situación. “O voto para o avance e o progreso, o voto útil para afrontar os retos do país, é o voto para o PSOE”, enfatizou.

Sobre todo, como dixo o máximo dirixente dos socialistas galegos, porque “por un voto podemos deixar entrar á ultradereita no goberno”. “Non podemos cometer o mesmo erro que en Andalucía e laiarnos ao día seguinte”, incidiu, consciente de que o que está en xogo é a conformación “dunha maioría suficiente” que impida o retroceso que pretende impulsar a dereita.

“UN PROFESIONAL DO MARKETING”

Pensando en Galicia, Gonzalo Caballero fixo fincapé en que unha comunidade coma a nosa, con altos niveis de envellecemento e con salarios e pensións por debaixo da media, necesita “un goberno de prioridade social” que traballe para incrementar as rendas e a protección das persoas.

É por iso que rexeitou “caer no filibusterismo de Feijóo”, que só tenta “confundir” porque “sabe que ten as peores expectativas electorais dende o ano 1982”. “O PP está pinchando e o PSdeG está crecendo, o que vai exemplificar a nosa vitalidade para amosarlle á dereita que, igual que puxemos fin ao goberno de Rajoy en España, poñerémoslle fin ao goberno de Feijóo en Galicia”, asegurou o secretario xeral.

Con este “reto” na mente, Gonzalo Caballero criticou a quen é “un profesional do marketing e da xestión da súa imaxe” na súa busca de “escusas” que palíen a súa “incapacidade” e a súa “irresponsabilidade” no referido á sanidade pública. “Que explique por que non investiu nela”, esixiu.

E é que Feijóo “déixanos unha sanidade pública peor da que recibiu” de mans do presidente Touriño e, despois de dicir reiteradamente que “non había ningún problema” agora trata de buscar no goberno de Pedro Sánchez “un chivo expiatorio”. “Feijóo foi un desastre, e a mellor forma de solucionar os problemas da sanidade pública é cambiar o goberno da Xunta”, atallou o líder socialista.

Ao fío disto, Gonzalo Caballero avanzou que “despois das eleccións municipais” entrará no Parlamento “para defender as posicións do PSdeG” e facer fronte á versión “oficial e oficializada” que trata de estender Feijóo, a quen definiu como “un gran escapista das súas responsabilidades”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18