Categorías: Secretaría Xeral

G. Caballero urxe a Feijóo a aclarar a posición do PP sobre o estado de alarma: “Descoñecemos se estamos ante o PP de Ayuso que di defender unha falsa liberdade ou ante o PP de Feijóo que a restrinxe cunha lei de saúde anticonstitucional”

O secretario xeral recoñece o “Plan Ábalos” como “unha aposta histórica polas infraestruturas en Galicia” que exemplifica o “bo traballo” dos deputados e senadores do PSdeG en Madrid

O líder socialista chama aos deputados e senadores do PSdeG a “seguir traballando na axenda galega co obxectivo central de servir aos galegos e ás galegas”

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, mantivo hoxe unha xornada de traballo en Madrid xunto co coordinador da Interparlamentaria do PSdeG, o senador Xoaquín Fernández Leiceaga, así como co coordinador dos socialistas galegos no Congreso, Guillermo Meijón, e outros membros do partido nas Cortes Xerais.

Dende alí, o máximo dirixente do PSdeG instou a Feijóo a “aclarar a posición do PP” sobre o estado de alarma e a desescalada, xa que “descoñecemos se estamos ante o PP de Ayuso que di defender unha falsa liberdade ou ante o PP de Feijóo que restrinxe a liberdade cunha Lei de saúde anticonstitucional”.

Ademais, Gonzalo Caballero criticou que “hai seis meses” presidente da Xunta “dicía que o estado de alarma era demoledor”. “O PP está desnortado e nin Casado nin Ayuso nin Feijóo son quen de poñerse de acordo á hora de atender a desescalada”, resumiu.

Por iso, o máximo responsable do PSdeG preguntou a Feijóo “se o PP vai colaborar co goberno de España ou vai seguir sendo un instrumento de tensión, de intento de desestabilización e de falla de responsabilidade”.

Fronte a esta posición do PP, Gonzalo Caballero destacou que “o goberno de España está traballando en circunstancias complexas con responsabilidade e buscando acordos e cogobernanza, asi como centrado na reactivación”.

O PSdeG, “EN DEFENSA DE GALICIA”

En paralelo, o líder do PSdeG amosou a súa “satisfacción” polo traballo dos e das socialistas galegos nas Cortes, toda vez que “manteñen un claro compromiso cunha axenda galega de prioridades para o noso país” e realizan unha “inxente xestión en defensa de Galicia”.

Nese senso, o dirixente socialista repasou as cuestións relevantes para Galicia e chamou aos deputados e senadores do PSdeG a “seguir traballando na axenda galega co obxectivo central de servir aos galegos e ás galegas”.

En concreto, Gonzalo Caballero exemplificou ese “bo traballo” do PSdeG nos “avances e compromisos” que amosou a semana pasada o ministro de Transportes, José Luis Ábalos, na súa última visita a Galicia.

O “PLAN ÁBALOS”, UNHA “APOSTA HISTÓRICA POLAS INFRAESTRUTURAS”

Nesta liña, destacou que o “Plan Ábalos” supón unha “aposta histórica polas infraestruturas en Galicia” cunha “rebaixa sen precedentes” nas peaxes da AP-9, “cumprindo cos compromisos” para a chegada do AVE no prazo fixado e “desatascando” asuntos ferroviarios que estaban pendentes como a saída sur en Vigo, a conexión de Punta Langosteira, as distintas estacións intermodais ou a electrificación do tren a Lugo.

“O traballo e o compromiso en infraestruturas do goberno de España está impulsado e respaldado polos socialistas galegos no Congreso e no Senado, parlamentarios ao servizo de Galicia que fan un parlamentarismo útil”, resaltou Caballero.

Pola contra, criticou, “o PP está botado ao monte, nunha estratexia irracional de confrontación que non xenera nada positivo para Galicia”. Ademais, engadiu, “o BNG optou por pactar coas dereitas e converterse nunha forza inútil para os intereses dos galegos e as galegas”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Parlamento aproba a proposta socialista para instar á Xunta a promover políticas que impulsen a incorporación da muller ao traballo de calidade

Carmen Rodríguez Dacosta criticou que o PP, cando chegou ao Goberno no 2009, “eliminou todas as políticas de igualdade no…

14/05/2024 20:09

O PP vota no Parlamento en contra das bonificacións ás peaxes

Carlos López Font presenta no Parlamento como emenda o acordo de investidura coa proposta “sensata e coherente” para ir cara…

14/05/2024 19:35

O Parlamento aproba unha proposta socialista para reclamarlle ao PP que levante o bloqueo á renovación do CXPX

Paloma Castro denuncia a “utilización política” con Consello Xeral do Poder Xudicial por parte do PP e reclámalles que cumpran…

14/05/2024 19:23

Silvia Longueira reclama un novo modelo de atención temperá ampliando o servizo de acordo co sector asociativo

Apunta ao reaxuste do modelo como “momento óptimo para atender ás demandas de tódalas asociacións que traballan pola plena inclusión”…

14/05/2024 14:19

Besteiro pide o consenso parlamentario para defender a oficialidade do galego na Unión Europea

O voceiro do Grupo Socialista sinalou, nunha comparecencia acompañado polo eurodeputado Nicolás González Casares, a necesidade dun acordo de país…

13/05/2024 16:56

Carmen Dacosta cualifica de “incoherente e lesiva” a extinción da Axencia Galega da Industria Forestal por parte da Xunta

Considera “un gran paso atrás” a supresión do organismo para traspasar as competencias á Consellería de Economía   A portavoz…

12/05/2024 11:00