Categorías: ActualidadeNovasParlamento de GaliciaPortada

G. Caballero salienta o traballo do Grupo Socialista a prol dos servizos públicos e contra a desigualdade social fronte a un PP “pechado en si mesmo e instalado no seu rodillo parlamentario”: “Necesitamos un goberno da Xunta que pense nos galegos e as galegas”

O voceiro parlamentario do PSdeG avoga por “facer do benestar e da igualdade a referencia para a recuperación” e sinala que “a loita contra a desigualdade social vai ser a bandeira coa que vai actuar o grupo parlamentario socialista

Pídelle ao PP que mude a súa política sanitaria e educativa e volva contratar aos profesionais despedidos nos últimos meses

Fai balance deste período de sesións, no que o grupo socialista presentou 2.520 iniciativas a prol da defensa dos servizos públicos, a recuperación económica e dunha saída da crise e da pandemia co obxectivo de que “ninguén quedase atrás”

O voceiro do grupo parlamentario socialista, Gonzalo Caballero, puxo hoxe de relevo a labor realizada polo PSdeG ao longo do ano 2021, no que traballou “para fortalecer os servizos públicos, para acadar unha saída da crise que faga da defensa da igualdade unha bandeira e para dar oportunidades a todos os galegos e galegas a través do emprego, a industria e a modernización”.

Fronte a isto, Caballero lamentou “as políticas de inercia, conservadoras e de dereitas dun PP que ten a atención primaria colapsada, quen leva a cabo recortes de profesorado na educación pública e que carece de proxecto para recuperar o emprego e para dar maior prosperidade á cidadanía”.

Así, nunha comparecencia para facer balance do período de sesións na Cámara autonómica, Gonzalo Caballero denunciou que “nos atopamos a un PP pechado en si mesmo, instalado no seu rodillo parlamentario e sen capacidade de incorporar as políticas propostas con carácter positivo por parte do PSdeG”.

En definitiva, subliñou, “o Partido Popular representa as políticas da dereita en esencia e rexeita todas as propostas que, dende a esquerda, fai o grupo parlamentario socialista para defender os servizos públicos –nomeadamente a sanidade e a educación públicas- e unha recuperación na que ninguén quede atrás”.

Así, indicou que “necesitamos un goberno que, máis alá de aplicar o rodillo e o ideario conservador do PP, pense na xente e faga un proxecto de recuperación para Galicia que aposte polo público e que pense tamén no emprego e nas necesidades dos cidadáns que non chegan a fin de mes”. “Se saímos desta crise desfacendo a clase media e con niveis de exclusión social máis grandes, Galicia será máis feble”, advertiu. Por iso, “non podemos permitir ao PP que aplique políticas de dereita sen ter empatía nin sensibilidade social con tantos galegos que o pasan mal”.

Ese”, proclamou Gonzalo Caballero, “é tamén o reto que temos para o ano 2022, que agora comeza e que ten que ser o da recuperación”. Por iso, manifestou que “o grupo parlamentario socialista vai seguir defendendo os servizos públicos, a mellora da atención primaria ou as políticas sociais de igualdade e para os maiores”. En definitiva, salientou que “temos que facer do benestar e da igualdade a referencia para a recuperación” e que “a loita contra a desigualdade social vai ser a bandeira coa que vai actuar o grupo parlamentario socialista”.

O RODILLO DO PP FRONTE AS PROPOSTAS EN POSITIVO DOS SOCIALISTAS

Con ese obxectivo, e polo miúdo, Gonzalo Caballero explicou que neste período de sesións se presentaron 2.520 iniciativas, das que se tramitaron 892, a prol da defensa dos servizos públicos, da recuperación económica e da saída da crise e da pandemia co obxectivo de que “ninguén quede atrás”.

Canto as preguntas nas sesións de control ao presidente, remarcou que estiveron centradas na rendición de contas na xestión da pandemia, a reactivación ou a estratexia para os fondos Next Generation. O grupo socialista tamén asumiu o liderado de “incorporar a importancia de traballar na actualización do Estatuto a medida que vaia pasando o peor da pandemia”.

En resumo, “pedímoslle a Feijoo que responda a esta crise coas mellores políticas a carón da cidadanía, defendendo o público e apostando pola economía e a industria para reactivar Galicia cun plantexamento de modernización do noso país para a etapa poscovid”. Porén, “fronte a este plantexamento cheo de propostas”, o PP empregou a súa maioría no Parlamento rexeitar, por exemplo, todas as mocións presentadas polo PSdeG.

O voceiro socialista indicou que esas mocións reclamaban medidas tan importantes como a presencialidade na atención primaria, a transparencia informativa na situación sanitaria das residencias para maiores ou novos impulsos ao respecto dos preocupantes índices de pobreza existentes en Galicia. Así, “cando o grupo socialista liderou a defensa da atención primaria, da sanidade e a aposta por políticas de igualdade que fixesen contrapeso ao risco de crecemento da pobreza, o PP coa maioría que ten na Cámara votou non e botou abaixo todas esta propostas”.

Gonzalo Caballero cualificou de “erro” esta actitude nun momento no que os indicadores “evidencian o risco de desigualdade”. Neste contexto alertou de que os grandes números sinalan que 1 de cada 5 persoas está en situación de risco de pobreza e 1 de cada 10 en situación de pobreza severa. Tamén hai 600.000 galegos e galegas “que viven por debaixo do limiar da pobreza” e, a maiores, os últimos datos do IGE amosan como “cada vez son máis os fogares galegos que dependen das prestacións públicas e cada vez menos os que dependen da base salarial do emprego dos seus compoñentes”.

Neste contexto, o voceiro parlamentario socialista fixo un chamamento “para non perder o reto dunha recuperación que chegue a todos” nun ano no que “temos que seguir superando a pandemia” e no que cuestións como o encarecemento do custe da vida, os retos que temos por diante en materia de proxectos europeos ou a situación que existe na sanidade pon en riba da mesa moitos deberes para o goberno de Galicia”.

SANIDADE E EDUCACIÓN

Precisamente, no eido sanitario, Gonzalo Caballero advertiu que “hoxe temos un nivel de contaxios como nunca ao longo da pandemia e vemos como a atención primaria está saturada” despois de que Feijoo despedise a medio milleiro de profesionais, “que foron os que nos defenderon nos peores momentos da crise da covid”. “Esa política sanitaria non se pode permitir en Galicia”, zanxou, e por iso “necesitamos mudala e necesitamos facelo neste ano 2022”.

Do mesmo xeito, Gonzalo Caballero chamou a atención sobre “o erro estrepitoso” do PP de Feijoo ao poñer na rúa a 868 profesores de reforzo, preferindo “reducir contratos e aumentar número de alumnos por aula”. Isto sumado “á escaseza do nivel de rastrexo e a protocolos febles implicou moitas dúbidas e o peche de moitas aulas ao longo dos últimos meses”. Neste contexto, o voceiro parlamentario socialista reivindicou que “a mellor decisión é contratar máis profesorado de reforzo para reducir número de alumnos e evitar que os contaxios se estendan máis alá do imprescindible”.

Con esa premisa, “o grupo parlamentario socialista vai facer da defensa da igualdade, dos servizos públicos, do emprego, do benestar e dunha reactivación que permita que cheguen fondos aos fogares de Galicia a súa bandeira de acción”. Nesta liña, Gonzalo Caballero pediulle ao PP que sexa “permeable ás políticas de progreso e ás propostas que lle facemos dende o grupo socialista” porque saír das grandes crises económicas e sanitarias con políticas conservadoras conduce “a maiores niveis de desigualdade e maiores fendas sociais que deixan na cuneta a milleiros de galegos e galegas”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28