Categorías: Uncategorized

G. Caballero reclama a Feijóo que se comprometa cos pequenos concellos da Galicia rural para dar igualdade de oportunidades e de servizos á cidadanía

Monterroso, 9 de outubro de 2021. O voceiro parlamentario do PSdeG, Gonzalo Caballero, desprazouse este sábado ata a provincia de Lugo para estar no concello de Monterroso.

En declaracións aos medios, Gonzalo Caballero volveu á reclamarlle á Xunta de Galicia investimentos no medio rural para garantir a igualdade de oportunidades de todos os galegos e galegas á marxe de cal sexa  o lugar onde residan.

Nesta liña, avogou por que todos e todas teñan “servizos públicos en igualdade tanto no que se refire á sanidade ou á educación públicas, como na atención ao nosos maiores”.

Por iso, incidiu en pedirlle a Feijóo “que se comprometa cos pequenos concellos porque non haberá unha reactivación forte en Galicia se a Xunta non fai unha política de vertebración territorial”.

“Queremos”, defendeu, “que o goberno galego aposte polos municipios do rural e queremos que aposte, dende logo, polos concellos da provincia de Lugo, como Monterroso, onde é necesario que a Xunta cumpra en materia de investimentos e servizos  públicos”.

En definitiva, proclamou Gonzalo Caballero, “cómpre que cada galego e cada galega teña os mesmos dereitos independentemente de se vive nunha cidade ou nun concello do rural”.

Con este obxectivo, indicou que “os socialistas seguimos a pé de Galicia, traballando polos galegos e galegas, e dando propostas e respostas aos problemas da cidadanía en cada municipio, en cada bisbarra e en cada recuncho do país”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18