Categorías: Actualidade

O fracaso no saneamento das rías provoca a caída da produción marisqueira

O portavoz de Marisqueo do Grupo Socialista, Julio Torrado, dixo hoxe que o fracaso do goberno galego no saneamento e depuración das rías provoca a caída drástica da produción marisqueira. Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei para estudar o impacto real da contaminación sobre a produción e tomar as medidas necesarias, que foi rexeitada polo PP.

Torrado amosou a súa sorpresa pola negativa do PP mesmo a negociar a aprobación parcial da proposta que reclamaba, ironizou, “cousas tan radicais como realizar un estudo sobre as causas da perda de produtividade marisqueira”. Tamén pedía “o saneamento e depuración integral das rías, un plan de rexeneración, negociar coa UE un tratamento distinguido das zonas de cultivo de bivalvos ou un informe sobre a contaminación das rías”.

Criticou a “obsesión” do PP e do goberno galego por “gañar o debate dialéctico” sobre a caída da produción utilizando datos sobre a venda en lonxa que “dependen dos cupos marcados precisamente polo goberno galego”. Sinalou que “o autobombo é lexítimo, aínda que a nós non nos guste, pero falsear os datos non”.

Neste sentido, lembrou que á chegada de Feijóo á Xunta de Galicia había 6.500 permisos de explotación, e “por moito que o seu obxectivo anunciado en 2012 era superar os 8.000, o certo é que en lugar de incrementalos, reducíronse, e hoxe temos tan só 3.799”. Sinalou que “os bivalvos son caros porque hai pouca cantidade, e supón moito beneficio para pouca xente, cando nos preferimos potenciar a calidade do produto”.

Lembrou que a depuración é competencia do goberno galego que, en lugar de asumir a súa responsabilidade, “nos orzamentos de 2018 reduciron un 25 por cento as partidas para mellora das zonas de produción”. Sinala que as partidas para depuración e saneamento “apenas chegan para redactar os concursos, cando é evidente que non se pode loitar contra a contaminación con papeis”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24