Categorías: Actualidade

Fracaso das medidas da Xunta de Galicia fronte á praga da pataca

Pérez Seco esíxelle á Xunta de Galicia a desinfección dos almacéns nas zonas afectadas pola couza guatemalteca seguindo as indicacións da Comisión de Seguimento da Couza

Santiago de Compostela, 15 de maio de 19. O portavoz socialista de Gandaría, José Manuel Pérez Seco, denunciou o fracaso das medidas levadas a cabo pola Xunta de Galicia no intento de erradicación da praga de couza guatemalteca. O responsable socialista presentou unha pregunta na Comisión de Agricultura do Parlamento reclamándolle á Xunta “medidas para a desinfección dos almacéns en zonas infectadas por esta praga da pataca”, seguindo as indicacións da Comisión de Seguimento da Couza.

O deputado socialista advertiu que as medidas postas en marcha pola Xunta de Galicia na Resolución de marzo de 2017, entre as cales, sinalou, atópase a prohibición do cultivo de patacas nos concellos establecidos como zona infestada por un período mínimo de dous anos para a erradicación da praga, “foron un fracaso, e non deron os resultados esperados no tempo marcado pola propia administración”.

Pérez Seco sinalou que “incluso dende a propia administración estase a facer un chamamento para que a Xunta de Galicia elabore tarefas de asesoramento sobre a desinfección dos almacéns particulares naquelas zonas onde se continua coas tarefas de aplicación de produtos fitosanitarios”. Referiuse á auditoría levada a cabo pola Comisión Europea, na que, sinalou, “deixase claro a posibilidade da erradicación desta praga se se segue coas actuacións propostas”.

Pérez Seco lembrou que dende a primeira aparición desta praga en Galicia en 2015, “pasouse de 3 concellos infectados na Ferrolterra a 31 en 2017”, dos cales, sinalou, “14 concellos pertencen á comarca Ferrolterra e 17 á Mariña lucense”. Advertiu que a pesar das medidas impostas dende o goberno galego, en 2018 declarouse a Muxía zona infestada pola praga da polilla guatemalteca o que deixa claro, sinalou, “o fracaso das medidas impostas pola Xunta de Galicia”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18