Categorías: Actualidade

Fracaso da políticas da Xunta para o relevo xeracional na pesca

A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Loli Toja, reivindicou hoxe un “xiro de 180 graos” nas políticas de relevo xeracional no sector pesqueiro que “non lle importa” ao goberno galego. Así o dixo logo de que o PP vetara unha Proposición no de Lei que presentou no Pleno do Parlamento para reclamar un plan de medidas do goberno para garantir a continuidade desta actividade.

A responsable socialista sinalou que a día de hoxe hai máis de 4.000 embarcacións que “non teñen a súa continuidade garantida” e padecen do desleixo do goberno galego, que insiste nunha “política errada, que non vai reverter esta situación”. sinalou á redución de orzamentos das axudas para o relevo, que pasaron de 500.000 a 315.000 euros, ou o seguro de mal tempo, que este ano “desaparece dos orzamentos da Xunta”.

Explicou que as partidas para investimentos a bordo pasaron de 1,3 millóns de euros a apenas 183.000 euros, a formación para menores de 30 redúcese de 800.000 a 435.000 euros, mentres iniciativas dirixidas a mellorar a seguridade no mar, como o Plan de sinalización de bateas e artefactos mariños continúa “pendente dende 2015”. Criticou que o PP “persista na súa estratexia de facer de oposición da oposición sen prestarlle mínima atención á necesidade de relevo xeracional nesta actividade”.

A consecuencia é que o réxime especial de traballadores do mar pasou de 24.630 afiliados en 2009 a apenas 20.741 de acordo co último dato publicado en 2017, unha redución do 15 por cento que no caso das mulleres elévase ata o 22 por cento de redución. Ademais, máis da metade dos mozos e mozas non chegan ao salario mínimo, de 6.311 euros brutos ao ano.

Acusou ao goberno galego de desatender ás causas desta situación, como son a penosidade da profesión, sen prestar atención á seguridade do traballo no mar, unido á escasa rendibilidade da actividade, xa que España apenas chega ao 10 por cento dos cupos a pesares de ter a maior capacidade pesqueira da UE.

Unido ás cantidades insuficientes, apuntou á mala xestión nos peches das pesquerías, con peches improvisados que obrigan a tirar as capturas como sucedeu coa xarda recentemente. Mentres, o sector ten que asumir o incremento dos custes da actividade “sen axudas suficientes” para a mellora enerxética, a modernización de motores, ou a falla de execución dos fondos europeos.

Advertiu que “simplemente un reparto máis xusto de cotas, a negociación de convenios de favorezan á nosa flota xeraría unha maior estabilidade no sector e evitaría que os barcos estiveran amarrados nos portos por ter consumidas as posibilidades de pesca.

Os socialistas reclamáronlle hoxe á Xunta a elaboración dun plan, nun prazo de 6 meses, con “accións e medidas concretas que permitan afrontar as dificultades que presenta o sector pesqueiro para propiciar o seu relevo xeracional”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08