Categorías: Secretaría Xeral

Formoso sinala que o PSdeG presenta nas municipais aos “mellores equipos de persoas vinculados ás bandeiras da protección social e o emprego de calidade”

O líder dos socialistas galegos participa na participación do candidato socialista á reelección como alcalde de Silleda, Manuel Cuíña

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, subliñou hoxe que os socialistas galegos presentan nas eleccións municipais aos “mellores equipos de persoas vinculados ás bandeiras da protección social e o emprego de calidade”. Así o dixo na presentación de Manuel Cuíña candidato á reelección como alcalde de Silleda.

O responsable socialista salientou o esforzo dos socialistas galegos por presentar os mellores perfís á fronte das candidaturas en resposta a especial transcendencia das eleccións locais para a vida dos galegos e das galegas. Os alcaldes e alcaldesas, dixo, constitúen “a referencia política da vila”, e están encargados de atender aos veciños e veciñas “cando teñen un problema laboral, sanitario, de ocio ou cultural”.

Explicou que os e as representantes socialistas están vencellados de forma sinalada á “protección social e o emprego, que xunto coa cultura son as grandes bandeiras que o PSdeG enarbola en todas as vilas nas que ten a máxima representación municipal”. Dixo que “votar Manolo é votar por un pais de progreso e de benestar, de compromiso coas persoas”.

Formoso interveu na presentación de Manuel Cuíña como candidato á reelección nun acto no que tamén participaron a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o secretario provincial, David Regades. Apuntou á concentración de compañeiros, simpatizantes e cidadáns de Silleda no acto de hoxe, que “reflexa a vinculación do PSdeG cos pobos, vilas e cidades nos que leva tempo sendo referencia municipal”.

Transformación de España

O líder do PSdeG reivindicou a transformación de España feita polos socialistas dende 1982, coa ampliación dos servizos públicos ou as becas de estudo “que permitiron que á universidade non se accedera só pola clase social”. Apuntou que “antes eran médicos os fillos dos médicos, era notario quen tiña un pai notario”.

Puxo como exemplo a xestión das pensións, contrastando a revalorización conforme ao IPC acordada polo goberno socialista coa reforma aplicada por Rajoy “e que Feijóo defende”, que “é para botarse a tremer: perderiamos o 30 por cento da pensión só en cinco años, algo que cambiou este goberno”. “Se nos importan os nosos maiores é unha razón mais para apoiar a Manolo Cuíña, porque os socialistas nunca van a abandonar aos pensionistas, nunca”, remachou.

Manuel Cuíña

O alcalde de Silleda e candidato á reelección, Manuel Cuíña, sinalou que “hoxe toca dar conta da palabra dada e dos compromisos, así que vimos aquí a presumir” de “como Silleda está á vangarda”. Apuntou que “hoxe hai aquí 50 persoas de fora e 1.500 que son de Silleda, e imos presumir diante deses 50 de fora”, antes de dirixirse á presidenta da Deputación de Pontevedra para sinalarlle que “saberás o que é ter un alcalde pedichón, e eu saberei o que é unha presidenta da Deputación receptiva”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18