Categorías: ActualidadeSecretaría Xeral

Formoso sinala que “Castelao estaría orgulloso” da supresión do voto rogado que facilita o voto aos emigrantes galegos

O líder dos socialistas galegos mantén un encontro por videoconferencia con representantes da diáspora na que salienta o amplo consenso para a tramitación da supresión do voto rogado, que estará operativa en setembro

Acusa á Xunta de “xogar coa xente” ao anunciar a ubicación da planta de Altri en Palas de Rei antes de ter confirmada a súa solvencia

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, sinalou hoxe que “Castelao estaría orgulloso” da supresión do voto rogado para facilitarlle o voto aos emigrantes galegos. Así o dixo nun encontro por videoconferencia con representantes da emigración galega que mantivo hoxe dende Santiago.

O responsable socialista salientou o acordo do pasado xoves para iniciar o trámite parlamentario de reforma da Lei de Réxime Electoral Xeral, que está previsto rematar en setembro, co que “devolvemos a posibilidade democrática de exercer un dereito que nunca se debera ter retirado”. Reivindicou o dereito ao voto para estes “galegos e galegas emigrados nos distintos países representan o mellor de Galicia e axudan a construír país”.

Trasladou hoxe o “orgullo” polo “consenso tan amplo para reparar esta situación”, que “fará que a galeguidade poida volver ter o vínculo político que ten no emocional, no histórico, na tradición e que como socialistas estamos francamente orgullosos da súa recuperación”. Salientou que a votación do pasado xoves acadou a “unanimidade máis ampla dos últimos anos”, con 339 votos a favor, 2 en contra e 1 abstención.

Salientou que esta reforma permitiría “devolverlle a Castelao a capacidade de votar e preocuparse por Galicia politicamente”, o mesmo galeguista que “tanto se preocupou por Galicia, que tanto soñou cun país distinto dende o exilio na Arxentina, onde propuxo e debullou medidas para que Galicia deixara atrás o caciquismo e a longa noite de pedra”.

Lembrou que a nova tramitación prevé “novas modalidades, facilidades e garantías de voto” logo de que coa incorporación do voto rogado a participación tivera caído dende o 30 ou 40 por cento en procesos electorais normais ata un “irrisorio 2 por cento”.

Formoso mantivo hoxe un encontro por videoconferencia cunha ducia de representantes da emigración galega en Europa  no que tamén participaron o secretario de Galeguidade da Executiva do PSdeG, Antón Leis, o secretario de Emigración do PSdeG de Ourense, Luis Gulín, ou a ex parlamentaria autonómica Marisol Soneira.

Altri

O líder dos socialistas galegos reclamoulle á Xunta “seriedade” na defensa dos proxectos empresariais que optan aos fondos europeos, e advertiu que “non se pode xogar coa xente”. Referiuse así ao proxecto da planta téxtil de Altri, que “primeiro tiñan garantido que se instalaría na Mariña, despois foi en Palas, despois xa non estaba tan garantido porque depende de fondos europeos, e despois depende de que aporten 200 millóns”.

Fixo un chamamento á Xunta para que “antes de anunciar o lugar de ubicación, ten que ter claridade e garantir cos recursos suficientes para que se instale, e se ten que ter unha suplementariedade de fondos da Xunta, vamos apoiar que a haxa”. Sinalou que “non vamos permitir que por 15 ou 20 millóns de euros do goberno galego deixe de instalarse un proxecto que pode mudar e diversificar o sector forestal galego”.

Reclamoulle así ao presidente da Xunta que cumpra co que asegurou na xuntanza da semana pasada co líder dos socialistas galegos, cando, dixo Formoso, se amosou favorable a suplementar a consolidación de proxectos con fondos autonómicos”.

Confirmou a “posición clara e rotunda dos socialistas galegos na defensa dos proxectos solventes para Galicia”, e reclamoulle á Xunta “que identifique e priorice proxectos tractores para Galicia, que deben de negociarse co Estado co soporte de promotores serios e solventes que falen claro”.

Sinalou que “temos que mirar polo noso, por Galicia, igual que outros territorios mirarán por si mesmos”. Emprazou a “ser realistas, sentarse cos promotores e ver das necesidades de financiamento dende o ámbito público, canto podemos cos Pertes e con fondos propios do Estado e tamén da propia Xunta de Galicia”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57