Categorías: Secretaría Xeral

Formoso reivindica a blindaxe das melloras laborais polo goberno presidido por Pedro Sánchez, “no camiño de recuperar os dereitos dos traballadores e traballadoras”

O líder dos socialistas galegos participa na manifestación en Vigo, onde emprazou a empresarios e sindicatos a pechar un acordo para aumentar os salarios

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, reivindicou hoxe as iniciativas do goberno presidido por Pedro Sánchez para blindar as melloras laborais. Formoso participou na manifestación convocada en Vigo con motivo do Día da Clase Traballadora, que “hoxe é un día de celebración” grazas á xestión do Executivo, “no camiño de recuperar os dereitos dos traballadores e das traballadoras”.

O dirixente socialista reivindicou os logros o goberno e emprazou a empresarios e sindicatos a acadar un acordo salarial que consolide os dereitos dos traballadores. Sinalou que o PSOE é “o partido dos traballadores”, que permitiu afrontar a celebración do 1º de Maio deste ano “cunha parte dos deberes feitos”.

Sinalou a suba do Salario Mínimo Interprofesional un 40 por cento en 4 anos ata acadar os 1.080 euros mensuais, así como a aprobación da reforma laboral malia o posicionamento en contra do PP. Grazas a esta reforma, dixo, “por unha vez impera claramente a estabilidade laboral” atendendo ás demandas “de hai décadas” dos traballadores e traballadoras contra a precariedade.

A nova Lei de Pensións Públicas, engadiu, permite garantir o sistema de pensións “baseada no principio de solidariedade interxeracional” e fixa unha reserva de 147.000 millóns de euros “para que non volva quedar a hucha sen pensións, como sucedeu con Mariano Rajoy”.

Ademais, o sistema público de pensións garantirá a partir de agora unha actualización “conforme ao prezo da vida”, en contra do criterio de Feijóo, Rueda e do goberno de Rajoy, que fixaran a suba nun 0,25 por cento anual, “estrangulando a vida dos pensionistas”.

Aludiu ademais á xestión do Executivo, que co escudo social despregado a través dos ERTE impediu o despedimento masivo de traballadores e traballadoras durante a crise provocada pola pandemia, que recuperou o subsidio para desempregados de máis de 52 anos, derrogou o despedimento por causas médicas e blindou o dereito á folga.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18