Categorías: Secretaría Xeral

Formoso reclámalle á Xunta compensacións para os propietarios de terreos do parque natural das Fragas do Eume

O líder dos socialistas galegos aféalle ao goberno galego “insensibilidade” e censura que “utilicen o rodillo” para negar compensacións polas limitacións de usos no Parque

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, reclamoulle hoxe á Xunta que compense aos propietarios de terreos nas Fragas do Eume polas limitacións de uso impostas no Parque Natural. Formoso participou nunha concentración da Asociación de Propietarios diante da Consellería de Medio Ambiente na que criticou a “insensibilidade” amosada pola Xunta.

O líder dos socialistas galegos pediulle ao goberno galego que “non utilice o rodillo neste asunto” e aplique as mesmas medidas compensatorias que se aplican nos espazos naturais de Castela e León, País Vasco, Asturias, Andalucía ou Estremadura. Pediu que o documento que regula os usos do parque incorpore indemnizacións polas restricións ás plantacións nestes terreos.

Formoso reivindicou o apoio pechado ao Parque Natural por parte dos socialistas galegos e tamén dos propietarios, que “xeración tras xeración coidaron deste espazo, que hoxe é realidade grazas ao traballo das persoas que conviven cos valores naturais e paisaxísticos que abrangue o propio parque”.

Os representantes dos propietarios de terreos reclamaron diálogo para compatibilizar a xestión do Parque, que está “feito unha lástima” polo abandono do goberno galego, co respecto á propiedade privada, que supón o 80 por cento do espazo protexido. Reivindican a vía do acordo para acadar “moitas máis vantaxes” para o desfrute por parte da sociedade dun entorno natural privilexiado.

Abandono do medio rural

Formoso criticou que o goberno galego “aplique o rodillo sen ter en conta a sensibilidade social” abocando ao “abandono” do eido rural, o que está a provocar “cada vez máis incendios, máis incomprensión e máis xente no urbano” e aboca a Galicia a “perder a esencia do medio rural que nos veu nacer a todos e todas”.

Advertiu que o fracaso da xestión do goberno galego provocou que Galicia perdera só durante o ano pasado 4.800 postos de traballo nun medio rural que leva padecendo o desleixo do goberno galego dende a chegada do PP, que provocou que en 10 anos perdera a metade dos postos de traballo e que baixara por primeira vez dos 50.000 ocupados.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta unha ordenación axeitada da eólica para que Galicia non perda a oportunidade de liderar a transición enerxética

A voceira de Industria e Enerxía, Patricia Iglesias, sinálalle ao Goberno galego a necesidade de facer das renovables “unha prioridade…

19/05/2024 15:29

Nicolás González Casares reivindica o reforzo de Galicia na rede transeuropea de transportes e aplaude o investimento de 4.500 millóns de euros para o corredor atlántico

O candidato do PSdeG ao Parlamento Europeo sinala que “demostramos que o noso obxectivo é facer Europa dende Galicia e…

18/05/2024 11:38

Nicolás González Casares esíxelle a Xunta e PP que se sumen ao consenso na defensa do galego: “se o PP quere, o galego será lingua oficial en Europa en cuestión de meses”

Participa na manifestación na defensa da lingua celebrada en Compostela   O candidato socialista ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares,…

17/05/2024 14:16

Besteiro, na homenaxe a Luísa Villalta: “A defensa da nosa lingua é hoxe máis necesaria que nunca”

O secretario xeral do PSdeG lembra que os socialistas adiantaron no Parlamento o 11 de abril un gran pacto polo…

17/05/2024 13:31

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29