Categorías: Actualidade

Formoso reivindica a continuidade de Alcoa na Mariña como exemplo de xestión do goberno de Pedro Sánchez fronte á pasividade da Xunta

José Ramón Gómez Besteiro critica a “tripla traizón do PP á Mariña” coa falla de apoio a Alcoa, o “señuelo” de Altri e a inacción fronte ao peche de Vestas

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, reivindicou hoxe a xestión do goberno de España que garantiu a continuidade da planta de Alcoa en San Cibrao. Así o dixo logo dun encontro co Comité de Empresa da factoría xunto coa candidatura do PSdeG por Lugo encabezada por José Ramón Gómez Besteiro e o secretario de Emprego do PSdeG e delegado do goberno en Galicia, Pedro Blanco.

O responsable socialista sinalou que o mantemento da planta grazas ao acordo a tres bandas de goberno, traballadores e empresa constitúe un “modelo de como xestionar unha crise” que se impuxo á campaña da Consellería de Industria en contra do acordo para investir 180 millóns de euros e reactivar a planta en 2024.

Foron os traballadores e traballadoras da planta, da man do goberno de España, os que “decidiron apostar polo futuro da Mariña e polo futuro industrial de Galicia” reiventando o complexo cun investimento para modernizar a planta e garantir a súa continuidade nas próximas décadas.

Sinalou que o acordo a tres bandas concluíu “dunha maneira que o PP non sabe conxugar, que é a concertación social” e o acordo entre tódalas partes. Contrastou a aposta pola continuidade dos postos de traballo e o talento da xuventude coa falla de xestión da Xunta, responsable dun sector industrial “que adoece” e que segundo o CES supuxo a perda de 80.000 postos de traballo nos últimos 10 anos.

Tripla traizón á Mariña

O cabeza de lista dos socialistas pola provincia de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, subliñou o compromiso de Pedro Sánchez co futuro dunha factoría que move o 30 por cento da economía da provincia e que forma parte da que sinalou como “tripla traizón do PP á comarca” da Mariña.

O responsable socialista sinalou a falta de apoio do goberno de Feijóo para procurar o futuro de Alcoa, ao que responderon co “señuelo” da planta de Altri que finalmente proxectaron fora da comarca e co peche de Vestas, “onde a Xunta non fixo absolutamente nada e mirou para outro lado”.

Gómez Besteiro explicou que a comarca da Mariña é a mostra dos “déficits da política de Feijóo” na súa etapa como presidente da Xunta, que contrastan coa “implicación do goberno de Pedro Sánchez”. “O goberno de Pedro Sánchez cumpre e Feijóo incumpre coa Mariña”, resumiu.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38

Paloma Castro acusa á Xunta de “retroceder máis de 20 anos” nas política de Igualdade por seguir as teses da extrema dereita

Censura a devaluación da antiga Secretaría Xeral de Igualdade no novo goberno e alerta de que a reintegración do concelleiro…

15/05/2024 14:05

Besteiro esíxelle a Rueda “valentía” para atender ás demandas de transparencia formuladas pola Valedora e o Consello de Contas

Repróchalle ao presidente da Xunta que o PP se descolgara onte dun acordo parlamentario para pedir a continuidade das bonificacións…

15/05/2024 11:56

O Parlamento aproba a proposta socialista para instar á Xunta a promover políticas que impulsen a incorporación da muller ao traballo de calidade

Carmen Rodríguez Dacosta criticou que o PP, cando chegou ao Goberno no 2009, “eliminou todas as políticas de igualdade no…

14/05/2024 20:09

O PP vota no Parlamento en contra das bonificacións ás peaxes

Carlos López Font presenta no Parlamento como emenda o acordo de investidura coa proposta “sensata e coherente” para ir cara…

14/05/2024 19:35

O Parlamento aproba unha proposta socialista para reclamarlle ao PP que levante o bloqueo á renovación do CXPX

Paloma Castro denuncia a “utilización política” con Consello Xeral do Poder Xudicial por parte do PP e reclámalles que cumpran…

14/05/2024 19:23